Arthur Penn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Penn
Nacemento27 de setembro de 1922
LugarFiladelfia
Falecemento28 de setembro de 2010
LugarManhattan
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enBlack Mountain College
FillosMatthew Penn
Profesióndirector de cinema, produtor de cinema, guionista, director teatral, produtor de televisión e realizador
Na rede
IMDB: nm0671957 Allocine: 1338 Rottentomatoes: celebrity/arthur_penn Allmovie: p106024 TCM: 150000 IBDB: 15854
Find a Grave: 59382649 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Arthur Hiller Penn, nado en Filadelfia, Pensilvania o 27 de setembro de 1922 e finado en Nova York o 28 de setembro de 2010,[1] foi un director e produtor de cinema, teatro e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou no exército aos dezanove anos, e aí foi onde comezou a interesarse polo teatro, organizando espectáculos para os soldados. Tras ver Cidadán Kane, de Orson Welles sentiuse atraído polo cinema.

Cando xa tiña sona como director en televisión dirixiu o seu primeiro filme, O pistoleiro zurdo, en 1958.

A súa carreira continuou con éxito durante os anos sesenta e setenta. Cando este comezou a declinar pasou a producir televisión, coma a serie Law & Order.[2]

Era o irmán máis novo do fotógrafo de moda Irving Penn.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dave Kehr (29-9-2010). "Arthur Penn, Director of 'Bonnie and Clyde,' Dies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 02-10-2010. Consultado o 29-9-2010. 
  2. Whitaker, Sheila (29-9-2010). "Arthur Penn Obituary". The Guardian (London). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]