Anthony Perkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnthony Perkins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1932 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía e doenza relacionada coa SIDA Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Brooks School (en) Traducir
Rollins College (en) Traducir
Buckingham Browne & Nichols School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de teatro , actor , guionista , director de cinema , cantante , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata - 1992 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCinema de terror e wéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBerry Berenson (1973–1992)
FillosElvis Perkins (pt) Traducir, Oz Perkins (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOsgood Perkins Editar o valor em Wikidata  e Janet Esselstyn Rane (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000578 Allocine: 990 Rottentomatoes: celebrity/anthony_perkins Allmovie: p106120 TCM: 150440 TV.com: people/anthony-perkins IBDB: 55927
Musicbrainz: f1f804da-7d94-4f92-bb1d-ff65d3d5edeb Discogs: 1248060 Allmusic: mn0000015860 WikiTree: Perkins-5345 Find a Grave: 2182 Editar o valor em Wikidata

Anthony Perkins, nado en Nova York o 4 de abril de 1932 e finado en Hollywood o 12 de setembro de 1992, foi un actor estadounidense de cinema e teatro, do que o seu traballo máis coñecido foi o seu papel como o asasino en serie Norman Bates no filme Psicose de Alfred Hitchcock (1960).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perkins era fillo do actor Osgood Perkins (1891-1937) e a súa esposa Janet Esseltyn Rane. Os seus inicios no cine foron inmellorables: debutou no filme The Actress (1953), xunto a Spencer Tracy e Jean Simmons, e recibiu unha candidatura ao Óscar polo seu segundo traballo no filme Friendly Persuasion de 1956, protagonizado por Gary Cooper.

Despois rodou con varias das actrices máis destacadas: cunha moza Sophia Loren (Desire Under the Elms), Silvana Mangano (This Angry Age, 1958), baixo a dirección de René Clement, Audrey Hepburn (Green Mansions, 1959) e a debutante Jane Fonda (Tall Story).

Despois de participacións aclamadas en Broadway, como Té e simpatía con Joan Fontaine, interpretou o protagonista Norman Bates no filme Psicose.

Despois rodou Phaedra con Melina Mercouri, baixo a dirección de Jules Dassin, e realizou o papel de Joseph K. na adaptación ao cinema da obra de Franz Kafka O proceso, dirixida por Orson Welles. Tamén protagonizou Le scandale de Claude Chabrol e participou na superprodución Arde París? (1966) de René Clement. Posteriormente Perkins regresou aos Estados Unidos para realizar o papel dun mozo asasino en Pretty Poison (1968), o cal afectou o resto da súa carreira cinematográfica, que na década de 1970 entrou en declive. A pesar de todo, participou en filmes tan destacados como The Life and Times of Judge Roy Bean de John Huston, Asasinato no Orient Express (1974) e Mahogany (1975). Tamén coescribiu o guión do filme The Last of Sheila (1973) xunto co compositor Stephen Sondheim.

Aínda que a súa actividade no cinema perdeu forza nos anos setenta, Perkins seguiu gozando de éxito nos escenarios de Broadway: en 1974 con Equus, e en 1979 con Romantic Comedy, montaxe teatral que case chegou ás 400 representacións.

Protagonizou nos anos 1980 as secuelas e a precuela de Psicose: Psycho II (que foi un grande éxito de público), Psycho III (que dirixiu el mesmo) e Psycho IV: The Beginning. A pesar do éxito, a maioría dos seus traballos posteriores foron en telefilmes.

En 1991 recibiu o Premio Donostia á súa carreira, outorgado polo Festival de Cinema de Donostia. Nesas datas rodou o filme español Los gusanos no llevan bufanda, comedia dirixida por Javier Elorrieta.

Perkins foi diagnosticado co VIH durante a rodaxe de Psycho IV: The Beginning, e faleceu na súa casa dos Ánxeles o 12 de setembro de 1992 por unha pneumonía relacionada coa SIDA[1][2][3] con 60 anos.[4] A súa urna, coa inscrición "Don't Fence Me In", está nun altar nunha terraza da súa casa nos outeiros de Hollywood.[5]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Perkins era extremadamente tímido, especialmente en compañía das mulleres.[6] Segundo a súa biografía póstuma Split Image de Charles Winecoff, tivo exclusivamente relacións homosexuais ata finais da trintena, incluídos o actor Tab Hunter, o artista Christopher Makos, o bailarín Rudolf Nureyev, o compositor Stephen Sondheim e o coreógrafo Grover Dale.[7] Perkins tamén foi descrito como un dos dous grandes homes na vida do compositor francés Patrick Loiseau.[8]

Perkins tivo a súa primeira experiencia heterosexual aos 39 anos coa actriz Victoria Principal[9][10] durante a rodaxe de The Life and Times of Judge Roy Bean en 1971.[6][11] Coñeceu a fotógrafa Berinthia "Berry" Berenson, irmá máis nova da actriz e modelo Marisa Berenson, nunha festa en Manhattan en 1972.[6] Casaron cando el tiña 41 anos e ela 25, o 9 de agosto de 1973 e tiveron dous fillos, o director Oz Perkins (nado en 1974) e o músico Elvis Perkins (nado en 1976).[12] Perkins e Berenson permaneceron casados ata a súa morte. En 2001, o día antes do noveno cabodano de Perkins, a súa esposa faleceu aos 53 anos nos atentados do 11 de setembro a bordo do voo 11 de American Airlines mentres volvía á súa casa a California tras unhas vacacións no Cabo Cod.[13]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1953 The Actress Fred Whitmarsh
1956 Friendly Persuasion Josh Birdwell
1957 Fear Strikes Out Jim Piersall
1957 The Lonely Man Riley Wade
1957 The Tin Star Sheriff Ben Owens
1957 This Angry Age Joseph Dufresne Título alternativo: The Sea Wall
1958 Desire Under the Elms Eben Cabot
1958 The Matchmaker Cornelius Hackl
1959 Green Mansions Abel
1959 On the Beach Tte. Peter Holmes – Royal Australian Navy
1960 Tall Story Ray Blent
1960 Psycho Norman Bates
1961 Goodbye Again Philip Van der Besh
1962 Phaedra Alexis
1962 Five Miles to Midnight Robert Macklin
1962 The Trial Josef K
1963 Le glaive et la balance Johnny Parsons
1964 Une ravissante idiote Harry Compton / Nicholas Maukouline
1965 The Fool Killer Milo Bogardus
1966 Arde París? Sgt. Warren
1967 Le scandale Christopher Belling
1968 Pretty Poison Dennis Pitt
1970 Catch-22 Chaplain Tappman
1970 WUSA Rainey
1970 How Awful About Allan Allan Colleigh Telefilme
1971 Alguén detrás da porta Laurence Jeffries
1971 A década prodixiosa Charles Van Horn
1972 Play It as It Lays B.Z. Mendenhall
1972 The Life and Times of Judge Roy Bean Reverend LaSalle
1973 The Last of Sheila Coguionista con Stephen Sondheim
1974 Lovin' Molly Gid Frye
1974 Asasinato do Orient Express Hector McQueen
1975 Mahogany Sean McAvoy
1978 Remember My Name Neil Curry
1978 First, You Cry Arthur Heroz Telefilme
1978 Les Misérables Javert Telefilme
1979 Winter Kills John Cerruti
1979 Twee vrouwen Alfred Boeken
1979 The Black Hole Dr. Alex Durant
1980 North Sea Hijack Lou Kramer Títulos alternativos: ffolkes e Assault Force
1980 Deadly Companion Lawrence Miles Título alternativo: Double Negative
1983 The Sins of Dorian Gray Henry Lord Telefilme
1983 Psycho II Norman Bates
1984 Crimes of Passion Reverend Peter Shayne
1986 Psycho III Norman Bates Tamén director
1988 Destroyer Robert Edwards
1988 Lucky Stiff Director
1989 Edge of Sanity Dr. Henry Jekyll / Jack "The Ripper" Hyde
1990 Daughter of Darkness Anton / Prince Constantine Telefilme
1990 I'm Dangerous Tonight Professor Buchanan Telefilme
1990 Psycho IV: The Beginning Norman Bates Telefilme
1991 A Demon in My View Arthur Johnson
1992 Los gusanos no llevan bufanda El Mecano
1992 In the Deep Woods Paul Miller, P.I. Telefilme

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goodman, Mark (28 de setembro de 1992). "One Final Mystery". Vol. 38, No. 13. People. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  2. Weinraub, Bernard (16 de setembro de 1992). "Anthony Perkins's Wife Tells of 2 Years of Secrecy". The New York Times. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  3. Ferrell, David (13 de setembro de 1992). "Anthony Perkins, 60, Dies; Star of 'Psycho' Had AIDS". Los Angeles Times. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  4. "Anthony Perkins". TV Guide. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  5. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 36782-36783). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  6. 6,0 6,1 6,2 Darrach, Brad (13 de xuño de 1983). "Return of Psycho". People 19 (23). Consultado o 3 de xaneiro de 2009. 
  7. Winecoff, Charles (1996). Split Image: The Life of Anthony Perkins. New York City: Dutton. ISBN 0-525-94064-2. 
  8. "La MST de Dave: son compagnon raconte…". Closer (en francés). 2 de maio de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  9. "Great Factoids". People. 6 de marzo de 1989. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  10. Kennedy, Dana (20 de setembro de 1996). "Split Image: The Life of Anthony Perkins". Entertainment Weekly. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  11. Tina Gianoulis. "Perkins, Anthony (1932-1992)". GLBTQ Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  12. Hopkinson, Amanda (14 de setembro de 2001). "Berry Berenson". The Guardian. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  13. Hopkinson, Amanda (14 de setembro de 2001). "Berry Berenson". The Guardian (Londres). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bergan, Ronald: Anthony Perkins: A Haunted Life. Londres: Little, Brown and Company, 1995; ISBN 0-316-90697-2.
  • Hilton, Johan: Monster i garderoben: En bok om Anthony Perkins och tiden som skapade Norm Bates. Estocolmo: Natur & Kultur, 2015; ISBN 978-91-271-3430-0. (en sueco)
  • Capua, Michelangelo "Anthony Perkins. Prigioniero della Paura". Torino, Lindau, 2003; ISBN 978-8867082759

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]