Jean-Paul Belmondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Paul Belmondo
Nome completoJean-Paul Charles Belmondo
Nacemento9 de abril de 1933
LugarNeuilly-sur-Seine
Falecemento6 de setembro de 2021
LugarVII Distrito de París e París
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Educado enÉcole alsacienne, Conservatoire national supérieur d'art dramatique e Lycée Louis-le-Grand
PaiPaul Belmondo
Cónxuxe(s)Élodie Constantin e Natty Tardivel
FillosPaul Belmondo, Stella Belmondo, Patricia Belmondo e Florence Belmondo
Profesiónprodutor de cinema, actor de cinema, especialista de cinema, actor de teatro, actor e director teatral
Na rede
IMDB: nm0000901 Allocine: 114 Rottentomatoes: celebrity/jeanpaul_belmondo Allmovie: p81306 TV.com: people/jean-paul-belmondo
Musicbrainz: 97172d08-021c-40ce-9870-8e267b9fdf5b Discogs: 715244 WikiTree: Belmondo-1 Find a Grave: 231723590 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-Paul Belmondo, nado en Neuilly-sur-Seine (departamento dos Altos do Sena) o 9 de abril de 1933 e finado en París o 6 de setembro de 2021, foi un actor francés de cine e teatro. Os seus maiores éxitos foron acadados moi cedo no cine. O seu pai foi o escultor parisiense (aínda que de orixe siciliana) Paul Belmondo (1898-1982).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu salto á fama debeuse á súa participación na película de Jean-Luc Godard O final da escapada (1960), que o converteu nunha das principais figuras do movemento cultural coñecido como a Nouvelle Vague. Belmondo empregou intelixentemente o seu aspecto do alcume o home máis feo do cine francés mais á vez moi sedutor e fixo grande amizade co seu par-antítese Alain Delon.

No filme Pierrot le Fou, Jean-Luc Godard fixo que Jean-Paul Belmondo lese «L'histoire de l'art» de Élie Faure, mentres toma un baño. Con L'Homme de Rio (1965) a súa carreira tornouse cara a un cine máis comercial, principalmente comedias e películas de acción.

Jean-Paul Belmondo foi membro da Académie des Sports.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Lista non completa, falta información dos primeiros anos da súa carreira, en especial do período (1956-1964)

Traballos para televisión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]