Isabelle Huppert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabelle Huppert
Isabelle Huppert 66ème Festival de Venise (Mostra) 4b.jpg
Isabelle Huppert na 66 edición do Festival Internacional de Cine de Venecia no 2009.
Nacemento 16 de marzo de 1953 (61 anos)
París, Flag of France.svg Francia
Profesión actriz
Cónxuxe(s) Ronald Chammah (dende 1982)
Fillo(s) Lolita Chammah, Lorenzo Chammah, Angelo Chammah

Isabelle Huppert é unha actriz francesa nada o 16 de marzo de 1953 en París.

Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Marta Meszaros ou a serbia Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-cambodjano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle. Os seus papeis, tanto no teatro coma no cinema, caracterízanse pola súa dificultade e esixencia para ser interpretados, ademais de presentar polo xeral unha natureza complexa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Filla de Annick Beau, profesora de inglés e apaixonada do piano, e de Raymond Huppert, dirixente dunha empresa, Isabelle Anne Madeleine Huppert pasou a súa infancia en Ville-d'Avray, onde recibiu unha educación sólida no terreo das artes e da cultura. Ten dúas irmás e un irmán que, coma ela, dedican a súa vida ao mundo da cultura: Élisabeth, escritora, pintora, actriz e realizadora; Caroline, tamén realizadora; e Rémi, consultor de xestión e desenvolvemento internacional e escritor. En 1982 casou co director, produtor cinematográfico e guionista Ronald Chammah, con quen ten tres fillos: Lolita Chammah, actriz, Lorenzo e Angelo.

Formación[editar | editar a fonte]

Despois de cursar a educación secundaria no instituto de Saint-Cloud, Isabelle Huppert continuou os seus estudos no Institut National des Langues et Civilisations Orientales en París, aínda que nunca chegou a rematalos. Tras formarse no conservatorio de Versalles, a actriz estudou linguas eslavas e orientais na Universidade de Clichy, onde ela se licenciou en ruso. Paralelamente aos seus estudos na universidade, Huppert formábase como actriz na École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre para máis tarde ingresar no Conservatoire national supérieur d’art dramatique.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicio[editar | editar a fonte]

As súas primeiras aparicións na gran pantalla foron en 1972 nos filmes Faustine et le Bel Été, de Nina Companeez, e en César et Rosalie, de Claude Sautet, onde interpreta o papel de irmá pequena de Romy Schneider. En 1974 participa cun papel secundario na película de Bertrand Blier Les Valseuses, na que Huppert representa unha adolescente rebelde na procura da súa emancipación. Tras este virían, en 1974, Dupont Lajoie, de Yves Boisset, na cal Isabelle é unha xove campesiña violada e asasinada por Jean Carmet; en 1975 Aloïse, de Liliane de Kermadec, e o telefilme Madame Baptiste, adaptación do director Claude Santelli da obra homónima de Guy de Maupassant; e, en 1976, Le Juge et l'Assassin, de Bertrand Tavernier, onde interpreta o papel de amante de Philippe Noiret. Xa nesta etapa inicial, Isabelle Huppert vai construíndo a súa carreira cinematográfica distanciándose doutras das grandes actrices do momento, como Miou-Miou ou Isabelle Adjani, ao formar parte da esfera de renovación do cinema de autor francés tras o movemento cinematográfico da Nouvelle Vague a través da colaboración con directores como Claude Sauset, Yves Boisset ou Bertrand Tavernier. Modelo:ORDENAR