Hurling
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Áth an Mhuileann v. Tobar Phádraig, Limerick, 28/8/2004.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica. Xógase con paus (hurley/camáin) mediante os cales golpéase unha pelota (sliotar). O xogo practícase principalmente en Irlanda e parécese ao shinty, que se xoga en Escocia. Existe unha versión feminina do xogo, que se coñece como camogie.