Auriense FG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auriense Campus da Auga FG
Alcume(s)Auriense
Capacidade200
PresidenteGalicia Carlos Álvarez Vivas
AdestradorGalicia Jacobo Dorribo Dacuña, Miguel Rodríguez Rodríguez
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico
2017/184ª Feminina e 5ª Masculina
VestimentaAmura
Na rede
https://auriensefg.wordpress.com/
Facebook: auriensefg Twitter: AurienseFG Instagram: auriense.fg Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.

Historia[editar | editar a fonte]

Nace no 2014, ano no que comeza a participar na Liga Galega de Fútbol Gaélico o equipo feminino. Compite na segunda edición da Liga Galega e na Copa Galega de Fútbol Gaélico. Un ano despois, na temporada 2015/2016, o equipo masculino únese a dita liga.

Os equipos do Auriense F.G. xogan os seus partidos coma locais no Campo Universitario de herba sintética do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).

Clasificación Feminina[editar | editar a fonte]

2014/2015[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico (combinado con Mecas FG)

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2017/2018[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

2º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2018/2019[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

2020/2021[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Clasificación Masculina[editar | editar a fonte]

2014/2015[editar | editar a fonte]

Copa Galega de Fútbol Gaélico

19º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2017/2018[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

1º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2018/2019[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Equipos feminino e masculino do Auriense Campus da Auga, en marzo de 2019

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camisola con franxas negras e douradas. Pantalón negro. Medias negras.

Xogadores/as[editar | editar a fonte]

Cadro Feminino 2014/15[editar | editar a fonte]

Datos do 1 de xullo de 2015.
Posto País Xogador
1 Galicia Sabrina Selas
2 Galicia Miriam Penido
3 Galicia Mª Eugenia Álvarez Capitán
7 Galicia Teresa Waldmüller
8 Galicia Ana Olimpia Tuñón, Oli
Posto País Xogador
9 Galicia Sabela Pindusa
13 Galicia Alba Rodríguez
28 Galicia Lucía Vázquez
77 Galicia Lucía Bibián
28 Galicia Ana Gómez Quintas


  • Capitán Capitán

Cadro Feminino 2018/19[editar | editar a fonte]

Datos do 30 de marzo de 2019.
Posto País Xogador
6 Galicia Cristina Díaz Rincón
7 Galicia María Victoria Benavides Rodríguez
8 Galicia Lucía Pérez González
9 Galicia Miriam Penido Blanco Capitán
11 Galicia Antía Botana Vázquez
Posto País Xogador
13 Galicia Ana Gómez Quintas
19 Galicia Elisabet Brea Cumplido
23 Galicia Iria Labandeira Belda
24 Galicia Alba Rodríguez Fernández
26 Galicia Ana Olimpia Tuñón Vázquez, Oli
27 Galicia Sara González Grandío

  • Capitán Capitán

Cadro masculino 2018/19[editar | editar a fonte]

Datos do 30 de marzo de 2019

Posto País Xogador
1 Galicia Joaquim Fabres Torrents
2 Galicia Luis Miguel Pereira Raçoes
3 Galicia Carlos Álvarez Vivas
4 Galicia Andrés Novoa Pérez
13 Galicia Borja Araujo del Rosario
14 Galicia Diego Dorribo Dacuña
15 Galicia Javier Gómez García
18 Galicia Lucas Xavier Vázquez Gigon
19 Galicia Pablo Garrido Paz Capitán
21 Galicia Bruno López Rodríguez
Posto País Xogador
23 Galicia Jacobo Dorribo Dacuña
27 Galicia Adrián Hernández Seoane
32 Galicia Millán Brea Castro
33 Galicia Juan Francisco Iglesias Álvarez
40 Galicia Miguel Rodríguez Rodríguez
45 Galicia Pedro Fontelo Álvarez
66 Galicia Juan Manuel Vázquez Vázquez
77 Galicia Miguel Ángel Freire Rodríguez
91 Galicia Jose Manuel Rodríguez Rodríguez
92 Galicia Roi Iglesias Corrales

  • Capitán Capitán

Divulgación do fútbol gaélico na provincia[editar | editar a fonte]

O Auriense FG foi anfitrión de eventos de grande importancia para o fútbol gaélico galego. En maio de 2016[1], organizou en Xinzo de Limia a I Copa Galega de Fútbol Gaélico, co campo da Moreira como sede. Foi unha xornada[2][3] en que participaron 16 equipos: 9 masculinos e 7 femininos. Acadou a vitoria feminina o equipo de Irmandinhos A Estrada e a masculina o Estrela Vermelha FG de Compostela.

Nese mesmo ano, o fútbol gaélico fíxose un oco na programación das festas de Ourense. Celebrouse o I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico[4], en que tanto o trofeo feminino coma o masculino foron para o equipo de Herdeiros de Dhais de Lalín.

En marzo de 2017[5] tivo lugar en Ourense unha xornada amigable entre a Selección Galega de Fútbol Gaélico e a selección francesa. Tratouse dun feito histórico, xa que foi o primeiro partido de fútbol gaélico televisado en directo fóra de Irlanda, neste caso na Televisión de Galicia. O resultado do partido feminino foi un empate a 28 puntos e o encontro masculino deulle a vitoria á selección francesa.

En setembro de 2018 celebrouse no Campo Municipal de Oira (Ourense) a Copa Empoderadas[6]. Este torneo, incluído nas actividades da Romaxe Feminista de Barbadás, tiña como obxectivo unha maior visibilidade do deporte feminino. Xunto co Auriense Campus da Auga FG, os equipos femininos de Keltoi GAC e Irmandinhos A Estrada competiron pola copa, a cal finalmente gañou o equipo local.

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Técnico
Adestrador do equipo masculino Miguel Rodríguez Rodríguez
Adestrador do equipo feminino Jacobo Dorribo Dacuña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Limia, Dende a. "Xinzo será a sede da 1ª Copa Galega de Futbol Gaélico". Dende a Limia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-19. 
  2. Región, La. "A Copa máis reivindicativa do deporte galego alcanzou a súa terceira edición". La Región (en castelán). Consultado o 2019-04-19. 
  3. Región, La. "As imaxes da Copa Galicia de fútbol gaélico en Xinzo". La Región (en castelán). Consultado o 2019-04-19. 
  4. "Herdeiros de Dhais, doble trofeo en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-28. Consultado o 2019-04-19. 
  5. Deportivo, Ourense (2017-03-20). "Galicia e Francia deixan unha espectacular xornada de Futbol Gaélico en Ourense". Ourense Deportivo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-19. 
  6. Deportivo, Ourense (2018-10-01). "La 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico se queda en Ourense". Ourense Deportivo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-19.