Asociación Atlética Gaélica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Atlética Gaéilca, en inglés Gaelic Athletic Association e en irlandés Cumann Luthchleas Gael, é unha asociación deportiva irlandesa. Esta asociación fomenta e organiza competicións deportivas de hurling e fútbol gaélico, así como outros deportes de tradición irlandesa en categorías masculina e feminina.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 1884 e é actualmente a asociación deportiva máis grande de Irlanda con máis de 800.000 socios. Posúe regras estritas acerca da condición amateur dos xogadores, e a categoría máis alta de competición é a All-Ireland Final, desputada entre condados. Tanto o hurling coma o fútbol gaélico, principais deportes da asociación, son moi antigos, crese que o fútbol gaélico provén do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, que se remonta ao 1537, aínda que o regulamento moderno data de 1887.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.gaa.ie Páxina oficial da Asociación Atlética Gaélica (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]