Arao romeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arao romeiro
Razorbill iceland.JPG
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Alcidae
Xénero: Alca
Nome científico
Alca torda
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O arao romeiro (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo ou aro ñopo[1].

Características[editar | editar a fonte]

É unha ave grande, 38-43 cm de lonxitude e 60-69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de peixes, e tamén de crustáceos e vermes mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte ata Maine e o norte de Francia polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao arao dos cons, e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de Terranova a Nova Inglaterra, mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.

En Galicia é bastante común como ave invernante, procedente de Gales e Escocia.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ñopo=curto de vista. M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1]
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao romeiro