Elvira Menéndez
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Elvira Menendiz ou Elvira Menéndez, nada no ano 864 e finada en 921, foi unha nobre e raíña consorte galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Filla dos magnates galegos Hermenexildo Guterrez (conde de Tui e do Porto e conquistador de Coimbra) e de Hermesinda, que viviu no século X.
Casou no ano 900 con Ordoño (o futuro Ordoño II), fillo de Afonso III o Magno, como enlace entre a nobreza galega e a monarquía.
[editar] Raíña de Galicia
No ano 910 recibiu o recoñecemento de todos os magnates galegos xunto ao seu marido, Ordoño II. A súa importante condición aristocrática foi imprescindible para que os grandes magnates galegos recoñeceran a Ordoño II como o seu rex ou señor. Algúns autores ven neste momento o nacemento dun reino de Galicia de seu, outros sen embargo consideran tal recoñecemento como un pacto feudal entendendo que o reino de Galicia era moito maior que as territorio estritamente galego.
Tras a morte do seu cuñado, o rei García I, foi coroada como raiña consorte. Asinou co seu home numerosos documentos a prol da nobreza e da Igrexa Galega. A diocese de Iria Flavia-Santiago de Compostela beneficiouse das súas doazóns en vilas, servos e alfaias.
[editar] Fundadora dunha estirpe
Foi nai dos reis Sancho Ordóñez (o primoxénito e rei privativo de Galicia), Afonso IV e Ramiro II. Dela agromou unha estirpe de monarcas de Galicia e León.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Geneall.net. (en portugués)
| Predecesor: Ximena Garcés |
Raíña consorte de Galicia 914 - 921 |
Sucesor: Munia Ximena |