Hermenexildo Guterrez
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Hermenexildo Guterrez | |
|---|---|
| mordomo real | |
Representación de Hermenegildo das Asturias |
|
| Nome completo | Hermenexildo Guterres de Celanova |
| Outros títulos | |
| Conde de Guimarães Conde de Coimbra Conde de Tui |
|
| Nacemento | c. 842 |
| Falecemento | 1 de xaneiro de 920 Porto |
| Predecesor | Agatom das Asturias (pai) |
| Rexente | Alfonso III |
| Sucesor | Guterre Mendes (fillo) |
| Consorte | Ermesenda Gatónez |
| Descendencia | Guterre Mendes de Celanova Gudilona Mendes de Celanova Árias Mendes de Coimbra Elvira Mendes de Celanova Nesporzono Mendes de Celanova Inderquina Mendes Pala Aldonça Mendes de Celanova |
| Casa Real | Real Casa de Celanova |
| Dinastía | Reino de Galiza |
| Pai | Gutier Aloitez |
| Nai | Elvira |
Hermenexildo Guterrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Gutier Aloitez e a súa muller Elvira.
Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.
Aparece por primeira vez citado no ano 869, cando actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gaton do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano. Na década de 870 aparece documentado como membro do Consello Real do monarca oventese. Ademais, desde o ano 873 é conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 recupera por asalto coas súas tropas galegas a cidade fortificada de Coimbra, a máis meridional do reino de Galiza e que dependía desde o século VIII do Emirato de Córdoba.
Índice |
Conquista de Coimbra [editar]
A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista cristiá, chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.
Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado Coimbricense, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro Reino de Portugal.
Dux de Galicia [editar]
Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.
No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).
Liñaxe real [editar]
No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei galaico Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).
Liñaxe e descendencia [editar]
Foi fillo de Gutier Aloitez (810 - 875), Conde de Coimbra e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatoniz (? - 840) - filla de Gaton Ramirez Conde do Bierzo e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:
- Gudilona Menendiz (862 -?).
- Árias Menendiz ou Arias Mendes (911-924).
- Elvira Menendiz (864 - Outubro de 921).
- Gutier Menendiz (880 - 933).
- Inderquina Menendiz (? – 947).
- Aldonza Menendiz (882-942).