Eluveitie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Eluveitie é unha banda de Celtic Metal de orixe suíza.

[editar] Traxectoria

A banda nace entre os anos 2002 e 2003 coma un proxecto persoal de Chrigel Glanzmann, que levaba tempo querendo traballar co death metal e o folk celta. O nome da banda significa "O Helvético" en lingua gala, xa que a temática do grupo xira ao redor desta rexión que conforma a actual Suíza, concretamente baseándose na cultura celta. As primeiras aspiracións non ían máis alá de gravar un EP, que foi Vên, o éxito que acadou motivou que se formara o grupo como tal e decidisen continuar co proxecto, tanto no estudo como nos escenarios. Foi así como máis tarde, tras conseguir contratos discográficos, editaron Spirit. Pero o recoñecemento mundial chegoulle con Slania, xa coa súa actual discográfica Nuclear Blast, e máis tarde con Everything Remains (As it never was).

O seu son mestura o death metal melódico ao máis puro Gothemburg co folk celta, para o cal empregan ademais dos instrumentos típicos do metal, a zanfona, o violín, gaita galega e outras e diversos tipos de frautas.

Chrigel Glanzmann é un auténtico estudoso da cultura celta, así como do pasado de Helvetia. Por iso o seu interese cara estes temas vai máis alá do estritamente musical, o que inflúe directamente nas letras da banda, que a miúdo son de carácter histórico e épico.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas