Korpiklaani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Korpiklaani
OrixeLahti, Finland,
Selo(s) discográfico(s)Nuclear Blast, Napalm
Na rede
korpiklaani.com
IMDB: nm2954007 Facebook: korpiklaani Twitter: _korpiklaani Instagram: official_korpiklaani MySpace: korpiklaaniofficial Youtube: UCKTIpsCAjdIHCKQxXldqlSg Bandcamp: korpiklaaniSouncloud: korpiklaani Spotify: 521Yl3LUvD7G9dMRO4fpCy iTunes: 35939436 Last fm: Korpiklaani Musicbrainz: 50eec634-7c42-41ee-9b1f-b41d9ca28b26 Songkick: 177166 Discogs: 260838 Allmusic: mn0000939555 Deezer: 8544 Genius: Korpiklaani Editar o valor em Wikidata

Korpiklaani é unha banda de folk metal finesa da cidade de Lahti, anteriormente coñecida como Shamaani Duo e Shaman.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shamaani Duo[editar | editar a fonte]

Ao contrario que outras bandas do xénero, Korpiklaani iniciou a súa historia na música folk e posteriormente incorporou trazos propios do metal. Ten a súa orixe en Shamaani Duo, un grupo de folk saami «para andar pola casa» creado por Jonne Järvelä en 1993. O grupo chegou a publicar un álbum, Hunka Lunka, antes de se transformar en Shaman.[1]

Shaman[editar | editar a fonte]

Creado en 1997, Shaman destaca pola forte presenza da música tradicional saami e polas súas letras en saami setentrional. Na súa música, baseada no folk de Shamaani Duo,[2] os elementos máis utilizados son o tambor xamánico, o canto luohti e o humppa. O seu estilo vocal inclúe tamén voces limpas e mesmo guturais.

Shaman ten un estilo musical característico, especialmente nas cancións lentas. O ambiente embriagador destas é unha combinación do sintetizador monoaural e «canalizado» (que contrasta de xeito intenso co son da guitarra acústica), o tambor xamánico e o canto luohti.

O primeiro traballo publicado por Shaman foi a demo Ođđa máilbmi («mundo novo» en saami setentrional). O videoclip da canción amosa un lobo que se zafa dunha gaiola e foxe cara a un bosque. A canción tamén formou parte do primeiro álbum da banda, Idja («noite» en saami setentrional), publicado en 1999.

En 2002, a banda publicou outro álbum, Shamániac.[1]

Korpiklaani[editar | editar a fonte]

A banda experimentou outra evolución en 2003, cando Shaman se converteu en Korpiklaani. Järvelä e o batería Samu Ruotsalainen foron os únicos membros da última formación de Shaman que continuaron en Korpiklaani. O estilo de música evolucionou cara a un folk metal máis convencional, e o canto luohti deu paso a voces máis propias do folk e o thrash.

O álbum Shamániac de Shaman xa mostraba un forte parecido co futuro estilo de Korpiklaani. De feito, o tema «Vuola lávlla» ten a mesma música cá canción de Korpiklaani «Beer Beer».

Korpiklaani no Agglutination Metal Festival de 2010

O cambio do nome veu acompañado por un cambio de estilo. O canto luohti e o uso do saami setentrional desapareceron, mentres que o sintetizador foi substituído por instrumentos de folk reais.[3] Jonne Järvelä afirmou que foi o seu traballo con Finntroll o que motivou o xiro cara ao metal. As letras das súas cancións fan referencia acotío ao alcol e a festa. Nos primeiros tres álbums, o inglés era o seu idioma principal, con só unhas poucas cancións en finés. Con todo, isto mudou nos traballos sucesivos, e nos últimos álbums a maioría das cancións están escritas en finés.

Segundo Järvelä, o estilo de Korpiklaani sería percibida en Finlandia como «música de vellos con guitarras de heavy metal».[4]

Houbo algunha colaboración entre Korpiklaani e Finntroll. Samu Ruotsalainen colaborou como batería de sesión no álbum debut de Korpiklaani, Spirit of the Forest. Pola súa parte, Järvelä participou con cantos luohti na intro do álbum Jaktens Tid, de Finntroll.

Juha Jyrkäs escribiu algunhas cancións de Korpiklaani en finés. Desde 2011 as letras son compostas polo poeta Tuomas Keskimäki, quen escribe coa mesma medida dos versos do Kalevala.[5]

Korpiklaani significa «o clan do bosque» en finés.[2] Na lingua oral, "korpi" significa «bosque vello e escuro». En bioloxía fai referencia ao bosque boreal que aparece nas morenas. Este caracterízase pola abundancia de abetos e unha espesa capa de musgo.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

como Shamaani Duo
como Shaman
como Korpiklaani
  • Spirit of the Forest (2003)
  • Voice of Wilderness (2005)
  • Tales Along This Road (2006)
  • Tervaskanto (2007)
  • Korven Kuningas (2008)
  • Karkelo (2009)
  • Ukon Wacka (2011)
  • Manala (2012)
  • Noita (2015)
  • Kulkija (2018)
  • Jylhä (2021)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ramos, Octavio (16 de xullo de 2018). "Korpiklaani – Voice Of The Forest". Soundchecks Music Review (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Korpiklaani". High Wire Daze. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de maio de 2023. 
  3. Lehtinen, Arto. "Interview with Korpiklaani" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2023. 
  4. "Korpiklaani – Interview (english)" (en inglés). 
  5. Heinonen, Ninni (27 de outubro de 2014). "Perisuomalaista black metalia kalevalamitassa – Hiidenhaudalta tuore musiikkivideo!". Inferno (en finés). Consultado o 23 de maio de 2023.