Sepultura (grupo musical)
| Sepultura | |
|---|---|
Sepultura no Metalmania 2007 |
|
| Información | |
| Orixe | Belo Horizonte, Minas Gerais, Brasil, Brasil |
| Período | 1984 - actualidade |
| Xénero(s) | death metal, thrash metal, groove metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Cogumelo Records Roadrunner Records SPV Records |
| Membros | Derrick Green Andreas Kisser Paulo Jr. Jean Dolabella |
| Antigos membros | Max Cavalera Iggor Cavalera Jairo Guedez |
| Web oficial | [1] |
Sepultura é unha banda brasileira de metal creada no 1984 polos irmáns Max Cavalera e Iggor Cavalera en Belo Horizonte. É considerada a banda brasileira de metal de maior repercusión no mundo, fronte outras como Angra ou Krisiun.
Posúe influencias diversificadas, que van dende o black metal e death metal, pasando polo thrash metal e mesmo inspiracións externas ao metal, como hardcore punk, música tribal africana e xaponesa e música indíxena, entre outros diversos estilos musicais.
Sepultura leva editados doce álbums de estudio dende a súa formación. Os seus discos máis exitosos son Arise (1991), Chaos A.D. (1993) e Roots (1996). A banda leva vendidos uns 3 millóns de copias nos Estados Unidos e 20 en todo o mundo, gañando varios discos de ouro e de platino.
Índice |
Biografía [editar]
Primeiros anos [editar]
A banda formouse no 1984. Por aquel entón, traducindo o tema de Motorhead “Dancing in your grave” (Bailando na túa sepultura) deron co nome apropiado para o grupo: Grave que en inglés significa Sepultura. A primeira demo da banda data de 1985 (mesmo ano do festival Rock In Rio) ata que os fichou unha pequena discográfica, "Cogumelo Produçoes", con quen gravan o seu primeiro E.P. "Bestial Devastation", compartindo o disco cunha banda chamada Overdose e o seu “Século XX".
Dado o éxito de vendas (máis de 5000 copias, que para unha banda Underground era unha cantidade considerable) Cogumelo Produçoes alíase con "Roadrunner Records" para lanzar o primeiro L.P da banda chamado Morbid Visions, co que comezaron a gañar seguidores con temas como War, Crucifiction, pero sobre todo con "Troops Of Doom", que se convertería no himno da banda por moitos anos. Nesta etapa Jairo T abandona a banda por razóns descoñecidas, sendo substituído por un mozo chamado Andreas Kisser. Agora é cando Sepultura realmente comeza.
En agosto de 1987 gravan Schizophrenia, un disco onde se nota a influencia deste novo guitarrista na banda, dándolle máis perfeccionismo e calidade. A banda faise coñecida en tódalas escenas "under" de moitas partes do mundo, con temas como Escape To The Void.
Roadrunner Records asegura a Sepultura nas súas filas, e para 1989 xa teñen listo o seu terceiro L.P., o disco que os faría despegar definitivamente, Beneath The Remains, contendo o segundo himno da banda: "Inner Self". Con el gañáronse xiras por Europa e vendas que nunca pensaron acadar por seren difíciles para unha banda latinoamericana.
Éxito internacional e abandono de Max [editar]
Agora debían facer outra entrega, que superara todo o anterior. Chegaba así en 1991 Arise. Se Beaneath The Remains lles deu a fama, Arise afianzaríaos como banda de culto. Sería precisamente este disco o que os levaría ao "Rock In Rio 2". Este disco é a culminación do estilo Death/Thrash da banda e dende aí comezaron a mutar paulatinamente a un son máis industrial cos seus dous seguintes álbums Chaos A.D 1993 e finalmente Roots 1996 (mezclado por Ross Robinson e coa participación de novas estrelas como Johnatan Davis de KoRn, DJ Lethal nos "scratches" e Mike Patton de Faith No More), dándolle así un estilo máis parecido ao nü metal agresivo. Aquí comezaron os problemas: a nova manager e esposa de Max, arranxaba os ensaios para que Max puidera adicarse a outros proxectos, o que ao resto da banda non lles gustou nada. Cando lle comunicaron a Max a decisión de cambiar de manager, este respondeu que se se ía ela, el tamén, e así foi, o mesmo Iggor comunicoulle o seu despedimento ao seu irmán, con quen aos 15 anos formara a banda.
Etapa Derrick Green [editar]
Max foise e formou a banda Soulfly, coa que xa sacou varios discos. Sepultura conseguiu un novo vocalista, o norteamericano Derrick Green. Nos últimos discos evolucionaron musicalmente, fusionando o thrash metal, con ritmos máis hardcore, percusións xaponesas, e obras máis conceptuais. Os álbums que gravaron con Derrick son Against (1998), Nation (2001), Revolusongs (2002) -disco enteiramente de versións-, Roorback (2003) -un dos discos máis influenciados polo hardcore- e Dante XXI (2006) -obra conceptual baseada en La Divina Commedia de Dante. Este disco acadou moi boas críticas, sendo moi ben recibido polos seus seguidores e achegándose a un son máis thrash, incluíndo partes instrumentais de vento metal, violíns, arpas....
O día 13 de xaneiro de 2006, Iggor Cavalera decidiu tomarse un descanso temporal, mor da súa separación coa súa anterior muller e ao nacemento do seu cuarto fillo coa súa nova esposa. Foi temporalmente substituído por Roy Mayorga (ex-Soulfly, Stone Sour) na xira europea con In Flames. Despois de varias noticias desmentidas polo propio Iggor e polos demais membros de Sepultura, Iggor definitivamente abandonou a banda alegando incompatibilidades artísticas o día 12 de xuño de 2006. Sepultura deixou caer que Jean Dolabella (ex-Udora/Diesel), substituirao na súa próxima xira, e agora é o batería estable.
Membros [editar]
Membros actuais [editar]
Ex-membros [editar]
- Jairo Guedez - guitarra (1985-1986, agora baixista en Eminence)
- Max Cavalera - vocal, guitarra (1985-1996, agora en Soulfly)
- Iggor Cavalera - bateria (1985-2006)
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Morbid Visions (1986)
- Schizophrenia (1987)
- Beneath The Remains (1989)
- Arise (1991)
- Chaos A.D. (1993)
- Roots (1996)
- Against (1998)
- Nation (2001)
- Roorback (2003)
- Dante XXI (2006)
Álbums ao vivo [editar]
Recompilatorios [editar]
- The Roots Of Sepultura (1996)
- Blood-Rooted (1997)
- Roadrunner Records 25th Anniversary Series: Roots - (2005)
- The Best of Sepultura - (2006)
EPs [editar]
- Bestial Devastation (compartido con Overdose, 1985)
- Third World Posse (1992)
- Refuse/Resist - (1993)
- Natural Born Blasters - (1996)
- Procreation Of The Wicked - (1997)
- Revolusongs (2002)
Sinxelos [editar]
- "Arise" (1991)
- "Dead Embryonic Cells" (1991)
- "Under Siege (Regnum Irae)" (1991)
- "Territory" (1993)
- "Refuse/Resist" (1994)
- "Slave New World" (1994)
- "Ratamahatta" (1996)
- "Attitude" (1996)
- "Roots Bloody Roots" (1996)
- "Choke" (1998)
- "Tribus" (1999)
- "Against" (1999)
- "Convicted in Life" (2006)
- "Kairos" (2011)
Vídeos [editar]
VHS [editar]
DVD [editar]
Vídeoclips [editar]
- Inner Self do álbum Beneath The Remains.
- Arise do álbum Arise.
- Dead Embryonic Cells do álbum Arise.
- Desperate Cry do álbum Arise.
- Orgasmatron (cover do Motörhead) do álbum Arise.
- Refuse/Resist do álbum Chaos A.D..
- Territory do álbum Chaos A.D..
- Slave New World do álbum Chaos A.D..
- Roots Bloody Roots do álbum Roots.
- Attitude do álbum Roots.
- Ratamahatta do álbum Roots.
- Choke do álbum Against (este non é o vídeo oficial).
- Bullet The Blue Sky (cover do U2) do EP Revolusongs.
- Mindwar do álbum Roorback.
- Convicted In Life do álbum Dante XXI.
Ligazóns externas [editar]
- Sepultura Official Website
- Sepultribe - Site oficial dos fãs
- Sepularmy - Sepultura Promotion Community
- Sepultura - Comunidade no ORKUT