Kreator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kreator
Kreator Klub Studio Kraków 18 02 09 042.jpg
Orixe Essen, Alemaña Alemaña
Período 1982 - actualidade
Xénero(s) thrash metal
Selo(s) discográfico(s) Epic, Steamhammer, Drakkar, G.U.N., Noise, Nuclear Blast
Membros Miland 'Mille' Petrozza
Jürgen 'Ventor' Reil
Christian 'Speesy' Giesler
Sami Yli-Sirniö
Antigos membros Michael Wulf
Jörg "Tritze" Trzebiatowski
Frank "Blackfire" Gosdzik
Tommy Vetterli
Roberto "Rob" Fioretti
Andreas Herz
Joe Cangelosi
Na rede
kreator-terrorzone.de

Kreator é unha banda de thrash metal alemá procedente de Essen, formada no ano 1978, pero formalizada en 1982 co nome Tormentor. Orixinalmente interpretaban speed metal con influencias de Venom, e na actualidade o seu estilo é semellante ao dos seus compatriotas Destruction e Sodom, os outros dous grandes grupos alemáns de thrash metal. As tres bandas adoitan a ser consideradas pioneiras do death metal, ao conter varios elementos que conformarían o xénero. Kreator tamén se aventurou a probar o metal industrial e gótico entre 1992 e 1999,pero finalmente regresaría ao seu son tgrash clásico.

Ata a data, Kreator editou doce álbums de estudio, dous EPs, un álbum ao vivo e tres recompilatorios. A banda lanzou o seu álbum de estrea, Endless Pain, en 1985. Aínda que moitos dos seus anteriores traballos acadaron un certo grao de popularidade nos Estados Unidos, a banda non acadaría o éxito comercial nese país ata o seu álbum do 2009, Hordes of Chaos, chegando ao número 165 da Billboard 200, e estreándose no número 16 das Media Control Charts alemás.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]