Gobernadores do Milanesado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Península itálica.O Milanesado, en cor clara

Despois da morte sen herdeiros de Francisco II Sforza, en 1535, o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia enfrontáronse na guerra italiana de 1536-1538 polo control do Milanesado, estado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico, até entón en poder das familias Visconti e Sforza.

En 1538, con Milán ocupado polas forzas imperiais, ambos os contendentes asinaron a tregua de Niza. A partir deste momento Milán quedaría en poder de España, até 1706, cando Filipe V o perdeu en favor do Sacro Imperio durante a guerra de sucesión española.

A diferenza doutros territorios da Monarquía Hispánica, o Estado de Milán, ao igual que os Países Baixos, estivo administrado por un gobernador que á súa vez era capitán xeneral. Este cargo tiña as mesmas atribucións que as de vicerrei, pero a súa titulación non foi esta, dado que historicamente Milán e os Países Baixos nunca foran reinos, como Sicilia, Nápoles ou Sardeña, senón ducados.

A continuación dáse unha lista das personalidades que gobernaron o ducado:[1]

Gobernadores de Milán[editar | editar a fonte]

Período español[editar | editar a fonte]

Inicio do mandato Gobernador Notas
Novembro de 1535 Antonio de Leyva, príncipe de Áscoli Morreu en campaña durante o seu mandato.
Setembro de 1536 Marino Caracciolo, cardeal Morreu no cargo.
Febreiro de 1538 Alonso de Ávalos, marqués do Vasto Morreu no cargo. Desde 1540 é duque Filipe II.
Abril de 1546 Álvaro de Luna, castelán de Milán Interino.
Outubro de 1546 Ferrante Gonzaga, príncipe de Molfetta
Xuño de 1555 Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba
Decembro de 1556 Cristoforo Madruzzo, cardeal e bispo de Trento
Agosto de 1557 Juan de Figueroa Interino.
Xullo de 1558 Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de Sessa En 1559 Francia renunciou ao ducado mediante a Paz de Cateau-Cambrésis.
Febreiro de 1560 Francisco Fernando de Ávalos, marqués de Pescara
Marzo de 1563 Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de Sessa 2ª vez.
Abril de 1564 Gabriel de la Cueva y Girón, duque de Alburquerque Morreu no cargo.
Agosto de 1571 Alonso Pimentel, do Consello Secreto Interino.
Setembro de 1571 Álvaro de Sande, marqués de Piovera Interino.
Abril de 1572 Luís de Zúñiga y Requesens Pasou a gobernador dos Países Baixos.
Setembro de 1573 Antonio de Zúñiga y Sotomayor, marqués de Ayamonte .
Xullo de 1580 Sancho de Guevara y Padilla, do Consello Secreto
Marzo de 1583 Carlos de Aragón y Tagliavia, duque de Terranova
Decembro de 1592 Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías 1ª vez.
Marzo de 1595 Pedro de Padilla, castelán de Milán Interino en ausencia do anterior.
Novembro de 1595 Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías 2ª vez. Desde 1598 é duque Filipe III.
Outubro de 1600 Pedro Enríquez de Acevedo, conde de Fuentes Morreu no cargo.
Xullo de 1610 Diego de Portugal, conde de Gelves Interino.
Decembro de 1610 Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías 3ª vez.
Xullo de 1612 Juan de Mendoza y Velasco, marqués de La Hinojosa
Agosto de 1614 Sancho de Luna y Rojas Interino en ausencia do anterior.
Novembro de 1614 Juan de Mendoza y Velasco, marqués de Hinojosa
Xaneiro de 1616 Pedro Álvarez de Toledo y Colonna, duque de Fernandina
Agosto de 1618 Gomes Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria 1ª vez. Desde 1621 é duque Filipe IV.
Maio de 1626 Gonzalo Fernández de Córdoba, príncipe de Maratra
Agosto de 1629 Ambrosio Spinola, marqués de los Balbases Morreu no cargo.
Decembro de 1630 Álvaro de Bazán y Benavides, marqués de Santa Cruz
Marzo de 1631 Gomes IV Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria 2ª vez.
Maio de 1633 Fernando de Austria, cardeal e infante de España
Xullo de 1634 Gil de Albornoz, cardeal e arcebispo de Tarento
Novembro de 1635 Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés 1ª vez.
Abril de 1636 Fernando Afán de Ribera, duque de Alcalá
Xuño de 1636 Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés 2ª vez.
Febreiro de 1641 Juan Velasco de la Cueva, conde de Siruela
Agosto de 1643 Antonio Sancho Dávila de Toledo, marqués de Velada
Febreiro de 1646 Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías Fillo de Juan Fdez. de Velasco, gobernador en 1592.
Novembro de 1647 Íñigo Melchor Fernández de Velasco, conde de Haro Fillo do anterior, substituíuno durante a súa enfermidade.
Xuño de 1648 Luís de Benavides Carrillo, marqués de Caracena
Abril de 1656 Teodoro Trivulzio, cardeal Morreu no cargo.
Setembro de 1656 Alonso Pérez de Vivero y Menchaca, conde de Fuensaldaña
Maio de 1660 Francesco Gaetano, duque de Sermoneta
Xuño de 1662 Luís de Guzmán Ponce de León, conde de Villaverde Neto de Pedro de Toledo, gob. en 1616. Desde 1665 é duque Carlos II.
Abril de 1668 Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases 1ª vez. Neto de Ambrosio Spínola, gobernador en 1629.
Setembro de 1668 Francisco de Orozco, marqués de Olías y de Mortara
Marzo de 1669 Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases 2ª vez.
Maio de 1670 Gaspar Téllez-Girón y Sandoval, duque de Osuna
Xullo de 1674 Claude Lamoral, príncipe de Ligne
Novembro de 1678 Xoán Tomé Enríquez de Cabrera, conde de Melgar
Abril de 1686 Antonio de Velasco y Ayala, conde de Fuensalida
Maio de 1691 Diego Felípez de Guzmán, marqués de Leganés Neto de Diego Felípez, gobernador en 1636.
Maio de 1698 Carlos Henrique de Lorena, príncipe de Vaudemont Desde 1700 é duque Filipe V.

En setembro de 1706 Uxío de Savoia conquistou militarmente o ducado de Milán para o Sacro Imperio Romano Xermánico durante a Guerra de Sucesión Española, comezando así o período de goberno austríaco.

Período austríaco[editar | editar a fonte]

Inicio do mandato Gobernador Notas
Setembro de 1706 Uxío de Savoia O goberno español trasládase a Cremona. Duque Carlos de Austria.
Abril de 1707 Piero Visconti (poder civil)
Annibale Visconti (mando militar)
Irmáns. Rexeron en ausencia do anterior. En 1714 fírmase o tratado de Rastatt, polo que España recoñece a soberanía austríaca de Milán.
Xaneiro de 1717 Maximilian Karl zu Löwenstein-Wertheim-Rochefort Morreu no cargo.
Xaneiro de 1719 Girolamo di Colloredo-Mels und Wallsee
Decembro de 1725 Wirich Philipp von Daun
Outubro de 1733 Ocupación franco-piemontesa.
Carlos Manuel III de Sardeña ocupou militarmente o ducado durante a guerra de sucesión polaca. En 1734 nomeou unha xunta de rexencia.[2]
Decembro de 1736 Otto Ferdinand, conde de Abensberg-Traun Milán únese con Mantua formando a Lombardía austríaca. Desde 1741 é duquesa María Tareixa de Austria.
Agosto de 1743 Johann Georg Christian von Lobkowitz
Marzo de 1745 Gian Luca Pallavicini Ministro plenipotenciario e comandante xeral.
Decembro de 1745 Ocupación española.
Filipe I de Parma ocupou militarmente o ducado, conferindo o seu goberno aos comandantes militares Juan Gregorio Muniain e José de la Torre.
Agosto de 1746 Gian Luca Pallavicini
Setembro de 1747 Ferdinand Bonaventura von Harrach
Setembro de 1750 Gian Luca Pallavicini
Xaneiro de 1754 Leopoldo de Habsburgo-Lorena Gobernador titular. Menor de idade.
* Francisco III de Este Nombrado Serenissimo Amministratore durante a minoría do anterior.
* * Beltramo Cristiani Ministro plenipotenciario do anterior, gobernador de facto. Morreu no cargo.
Xullo de 1758 * * Karl Joseph von Firmian Plenipotenciario de Francisco de Este, gobernador de facto.
Outubro de 1771 Fernando de Habsburgo-Este Gobernador titular. Firmian foi confirmado no seu posto.
Xuño de 1782 * Johann Joseph Wilczek Plenipotenciario do anterior, gobernador de facto.

En maio de 1796 as tropas de Napoleón Bonaparte conquistaron militarmente o ducado, decretando o final do sistema feudal en Milán e instaurando en novembro a República Transpadana que, no ano seguinte se uniu coa República Cispadana para formaren a República Cisalpina.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]