Rachel Carson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rachel Carson

Rachel Carson, nada en Springdale, Pennsylvania, o 27 de maio de 1907 e finada o 14 de abril de 1964, foi unha bióloga e escritora estadounidense.

Traxectoria [editar]

Iniciou o movemento ecoloxista en EE UU ao demostrar nos seus escritos os graves danos causados polo uso indiscriminado do DDT (insecticida). Morreu de cancro de mama.

Obra [editar]

Entre as súas obras destacan: Under the Sea-Wind (1941) The Sea Around Us (O mar que nos rodea, 1951) Primavera silenciosa (Silent spring, 1962)

Fonte [editar]

Extraído de biografiasyvidas.com, respectando as súas condicións