Gerald Durrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerald Durrell
Nome completoGerald Malcolm Durrell
Nacemento7 de xaneiro de 1925 e 1925
Lugar de nacementoJamshedpur
Falecemento30 de xaneiro de 1995 (70 anos)
Lugar de falecementoJersey
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónescritor, biólogo, conservacionista, presentador, naturalista, zoólogo e traveler
PaiLawrence Samuel Durrell
NaiLouisa Durrell
CónxuxeJacquie Durrell e Lee McGeorge Durrell
IrmánsMargarita Zorrera, Lawrence Durrell e Leslie Durrell
Premiosoficial da Orde do Imperio Británico e Ordem da Arca Dourada
Na rede
IMDB: nm0244355 Bitraga: 818 WikiTree: Durrell-228 Find a Grave: 11644359 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gerald (Gerry) Malcolm Durrell, nado en Jamshedpur (provincia de Bihar, na India, daquela pertencente ao Imperio Británico) o 7 de xaneiro de 1925 e finado en Saint Helier o 30 de xaneiro de 1995, foi un zoólogo, naturista e escritor británico, nomeado cabaleiro da OBE. Fundou o Durrell Wildlife Conservation Trust e o Zoo de Jersey (actualmente nomeado Durrell Wildlife), na illa de Jersey en 1958. Era irmán do novelista Lawrence Durrell.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o cuarto fillo de Louisa Florence Durrell (nada Dixie, de ascendencia irlandesa) e Lawrence Samuel Durrell (de ascendencia británica), se ben os seus proxenitores xa naceran na India. Os seus outros irmáns foron Larry, Leslie e Margo. Trala morte do seu pai en 1928, a familia marchou a Inglaterra.

A familia mudouse de novo en 1935, nesta ocasión á illa grega de Corfú. Alí estiveron até 1939, e nela Gerald comezou a capturar e coleccionar especies da fauna local como mascotas. Nesta etapa están baseados os libros da triloxía de Corfú e varias historias curtas.

Nesta etapa en Grecia, Durrell non foi á escola, senón que recibiu ensinanzas de varios amigos da familia e titores privados, entre eles o grego Theodore Stephanides, unha das súas referencias a nivel persoal xunto ao naturalista francés Jean Henri Fabre.

En 1939, tralo inicio da segunda guerra mundial, a familia regresou a Inglaterra. Durrell comezou a traballar de axudante nun acuario e unha tenda de mascotas. En 1943 foi chamado a filas, pero declarado exento do servizo por causas médicas. Colaborou na loita bélica nunha granxa estatal. Ao final do conflito, Durrell entrou a traballar no Zoo de Whipsnade como bolseiro.

En maio de 1946 deixou o zoo para unirse a expedicións de captura de fauna salvaxe, pero non foi aceptado en ningunha viaxe por mor da falta de experiencia. Finalmente, logrou organizar unha expedición pola súa conta ao Camerún Británico (actual Camerún) en 1947, xunto ao ornitólogo John Yealland.

Viviu dedicado á zooloxía e ao naturalismo, facendo numerosas expedicións polo ancho do globo.

Obra[editar | editar a fonte]

Autobiográfica[editar | editar a fonte]

  • The Overloaded Ark (Faber and Faber, 1953)
  • Three Singles to Adventure (Three Tickets to Adventure) (Rupert Hart-Davis, 1954)
  • The Bafut Beagles (Rupert Hart-Davis, 1954)
  • The New Noah (Rupert Hart-Davis, 1955)
  • The Drunken Forest (Rupert Hart-Davis, 1956)
  • A miña familia e outros animais (Rupert Hart-Davis, 1956). Traducida por Susana Collazo Rodríguez[1]
  • Encounters with Animals (Rupert Hart-Davis, 1958)
  • A Zoo in My Luggage (Rupert Hart-Davis, 1960)
  • The Whispering Land (Rupert Hart-Davis, 1961)
  • Menagerie Manor (Rupert Hart-Davis, 1964)
  • Two in the Bush (Collins, 1966)
  • Bechos e demais parentes (Collins, 1969). Traducida por Moisés Rodríguez Barcia[2]
  • Fillets of Plaice (Collins, 1971)
  • Catch Me a Colobus (Collins, 1972)
  • Beasts in My Belfry (A Bevy of Beasts) (Collins, 1973)
  • The Stationary Ark (Collins, 1976; principalmente contido de non ficción)
  • Golden Bats And Pink Pigeons: A Journey to the Flora and Fauna of a Unique Island (Collins, 1977)
  • O xardín dos deuses (Fauna and Family) (Collins, 1978). Traducida por Moisés Rodríguez Barcia[3]
  • The Picnic And Suchlike Pandemonium (The Picnic and Other Inimitable Stories) (Collins, 1979; con algúns relatos de ficción)
  • Ark on the Move (Coward McCann, 1982)
  • How to Shoot an Amateur Naturalist (Collins, 1984)
  • Durrell in Russia (with Lee Durrell) (MacDonald (Publisher) (UK) / Simon and Schuster (U.S.), 1986)
  • The Ark's Anniversary (Collins, 1990)
  • Marrying Off Mother and Other Stories (Harper-Collins, 1991; con algúns relatos de ficción)
  • The Aye-Aye And I: A Rescue Journey to Save One of the World's Most Intriguing Creatures from Extinction (Harper-Collins, 1992)
  • The Best of Gerald Durrell (edited by Lee Durrell) (Harper-Collins, 1996)

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Island Zoo: The Animals a Famous Collector Couldn't Part with (fotografías de W. Suschitzky; Collins, 1961)
  • Look At Zoos (Hamish Hamilton, 1961)
  • A Practical Guide for the Amateur Naturalist (con Lee Durrell) (Hamish Hamilton (UK) / Alfred A. Knopf (U.S.), 1982)

Ficción[editar | editar a fonte]

Non publicados[editar | editar a fonte]

  • Animal Pie, libro inédito de poemas alegres e caricaturas de animais, escrito na década de 1950 (referenciado na biografía oficial de Douglas Botting)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Collazo Rodríguez, Susana. "A miña familia e outros animais". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 
  2. Rodríguez Barcia, Moisés. "Bechos e demais parentes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 
  3. Rodríguez Barcia, Moisés. "O xardín dos deuses". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 
  4. Rodríguez Barcia, Moisés. "Os secuestradores de burros". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 
  5. Rodríguez Barcia, Moisés. "O paquete falante". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 
  6. Rodríguez Barcia, Moisés. "O paxaro burlón". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]