Clodión
Clodion o Cabeludo, finado no 448, foi xefe dos francos salios e segundo rei da Dinastía Merovinxia.
Traxectoria [editar]
Talvez fillo de Faramundo e irmán de Cleno, foi alcumado "o Cabeludo", porque tiña moito pelo ou porque levaba o pelo máis longo có dos seus predecesores.
Comezaba a reinar cando o xeneral romano Aecio o atacou á fronte dun grande exército. Derrotouno e desposuíuno de todas as súas propiedades na Galia. Clodión para vingarse dos romanos, cae sobre a Turinxia e dedicouse á pillaxe, sorprendendo un castelo denominado Disparg. Aecio marcha de novo contra el e logo de volvelo a vencer instauran a paz. Esta paz durou pouco, xa que vendo Clodión que todas as vilas da fecunda Bélxica estaban sen defensa, conquistou o país ata a proximidade do Somme. Pero non puido conservar esta conquista, sorprendéndoo Aecio cando estaba celebrando a voda dun gran señor do seu exército. Perdeu todo o que conquistara a este lado do Rhin. Logo de vinte anos de reinado morre cara ao ano 448, segundo algúns, debido á dor pola morte do seu primoxénito, morto durante o asedio de Soissons. Descoñécese o nome da raíña e o dos seus fillos.
Sucédeo no trono Meroveo.
| Reino franco | ||
|---|---|---|
Segue a: Faramundo |
Clodión | Precede a: Meroveo |
| Merovinxios | ||