Khilperico II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Merovinxia
Rei de todos os francos
Reis de Neustria
Reis de Austrasia
Faramundo 420-428
Clodión 428-448
Meroveo 448-457
Khilderico I 457-481
Clodoveo I 481 - 511
  Khildeberto I 511-558
  Clotario I 511-561
  Clodomiro 511-524
  Teodorico I 511-534
    Teodeberto I 534-548
    Teodebaldo 548-555
Clotario I 558-561
  Cariberto I 561-567
  Khilperico I 561-584
    Clotario II 584-629
  Gontrán 561-592
    Khildeberto II 592-595
    Teodorico II 595-613
    Sixeberto II 613
  Sixeberto I 561-575
    Khildeberto II 575-595
    Teodeberto II 595-612
    Teodorico II 612-613
    Sixeberto II 613
Clotario II 613-629
  Dagoberto I 623-629
Dagoberto I 629-639
  Cariberto II 629-632
    Khilperico de Aquitania 632
  Clodoveo II 639-658
    Clotario III 658-673
    Teodorico III 673
    Khilderico II 673-675
    Teodorico III 675-691
  Sixeberto III 634-656
     Khildeberto III      656-661
    Clotario III 661-662
     Khilderico II 662-675
     Clodoveo III 675-676
     Dagoberto II 676-679
Teodorico III 679-691
Clodoveo IV 691-695
Khildeberto III 695-711
Dagoberto III 711-715
  Khilperico II 715-721
  Clotario IV 717-718
Khilperico II 718-721
Teodorico IV 721-737
Khilderico III 743-751
Jean Dassier (1676-1763) - Chilpéric II roy de France (670-721).jpg
ver Khilperico II de Borgoña para o rei burgundio que reinou de 443 a 480.

Khilperico II (c. 672 – 13 de febreiro de 721), chamado Daniel de neno, o fillo máis novo de Khilderico II, foi rei de Neustria desde o 715 e único rei dos francos desde o 718 ata a súa morte. Foi o derradeiro rei merovinxio que exerceu a súa autoridade en solitario.

De neno, foi levado subrepticiamente a un mosteiro para salvar a súa vida da guerra fratricida da súa familia. Alí, foi criado como Daniel ata a morte de Dagoberto III en 715, cando foi sacado do mosteiro - á idade de vinte e tres anos - proclamado rei subido ao escudo dos guerreiros neustrios, segundo o costume. Tomou como nome real o de Khilperico, aínda que debido á súa crianza no mosteiro, foi un home moi diferente a Khilperico I.

En primeiro lugar, parece que só foi un xoguete nas mans de Ragamfredo, o mordomo de palacio de Neustria, proclamado en 714 en oposición a Teudoaldo, o herdeiro designado de Pipino de Heristal. Khilperico, con todo, era tanto un loitador como un líder, sempre na primeira liña de batalla á cabeza das súas tropas. En 716, el e Ragamfredo guiaron un exército a Austrasia, daquela atacada por Plectrude, no nome do seu neto Teudoaldo, e Carlos Martel, o fillo bastardo de Pipino de Heristal. Os neustrios aliáronse con outra forza invasora ao mando de Radbod rei dos frisios e enfrontáronse a Carlos en batalla preto de Colonia, daquela en mans de Plectrude. Khilperico saíu vitorioso e Carlos fuxiu ás montañas de Eifel. O rei e o seu mordomo volveron para cercaren o seu outro rival na cidade. Plectrude recoñeceu a Khilperico como rei, entregou o tesouro de Austrasia, e abandonou a aspiración do seu fillo á mordomía.

Neste punto, os acontecementos volvéronse contra Khilperico. Cando el e máis Ragamfredo guiaban os seus soldados triunfantes de volta a Neustria, Carlos caeu sobre eles preto de Malmedy e, na Batalla de Amblève, Carlos derrotounos e eles fuxiron. Despois, Carlos Martel permaneceu virtualmente invicto e a forte vontade de Khilperico foi sometida nunha serie de campañas libradas no territorio de Neustria.

En 717, Carlos volveu a Neustria cun exército e confirmou a súa supremacía coa vitoria de Vincy, preto de Cambrai. Perseguiu ao rei e ao mordomo ata París antes de volver e ocuparse de Plectrude e Colonia. Tras este éxito, proclamou un tal Clotario IV rei de Austrasia en oposición a Khilperico. En 718, Khilperico, en resposta, aliouse con Odón o Grande, o duque de Aquitania que se volvera independente durante as contendas de 715, pero foi vencido novamente por Carlos, en Soissons. O rei fuxiu co seu aliado o duque ao país ao sur do Loira e Ragamfredo fuxiu a Angers. Pronto morreu Clotario IV e Odón deuse por vencido na cuestión de Khilperico e, a cambio de recoñecer a súa soberanía sobre todos os francos, o rei rendeu o seu reino á mordomía de Carlos sobre todos os reinos (718).

En 719, foi subido oficialmente sobre o escudo como rei de todos os francos, pero só sobreviviu un ano e os seus sucesores foron meros rois fainéants (‘reis folgazáns’). Morreu en Attigny e foi soterrado en Noyon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]