Cariberto II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cariberto II, foi un rei de Aquitania.
Traxectoria [editar]
Fillo de Clotario II e medio irmán de Dagoberto I. Convértese en rei de Aquitania no ano 629, reino creado para a ocasión polo seu irmán Dagoberto I co compromiso da súa renuncia ao reino dos francos. Tivo un comezo difícil, polas incursións dos vascos, que ameazaban a numerosos condados do sudoeste. Establece en Toulouse a súa capital.
O seu fillo Khilderico sobrevivirao, aínda que Dagoberto foi acusado de facelo asasinar, e á súa morte volverase a recompoñer o reino franco.