O código Da Vinci
O código Da Vinci (título orixinal en inglés The Da Vinci Code), é unha novela do escritor norteamericano Dan Brown, publicada por Doubleday en 2003. Converteuse nun éxito de vendas internacional, vendéronse entre 18 e 25 millóns de exemplares ata abril de 2005, e traduciuse a 44 linguas. A obra combina o xénero detectivesco coa teoría da conspiración, a novela deu pulo a certas teorías sobre o Santo Graal e o papel de María Magdalena na historia do cristianismo.
Foi traducida ao galego por Carlos Acevedo, Fernando Moreiras e Eva Almazán e publicada pola editorial El Aleph para a editorial Empuries en 2004, que posúe os dereitos de copia para tódalas linguas estatais menos o castelán.
Índice |
Sinopse [editar]
A novela relata a procura que realizan un profesor de simboloxía, Robert Langdon e unha criptóloga, Sophie Neveu para atopar un segredo que se mantivo oculto dende hai moito por unha antiga irmandade, o Priorato de Sión.
Filme [editar]
- Artigo principal: The Da Vinci Code.
Columbia Pictures adaptou a novela ó cinema, cun guión escrito por Akiva Goldsman, e dirixido por Ron Howard. O filme foi estreado o 19 de maio do 2006[1], e está protagonizado por Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Dan Brown and Da Vinci Code by editors of the Rosslyn Templars, from the 'Rosslyn Templars'
- 'I've cracked the code: it's rubbish' by Christopher Howse, from The Daily Telegraph
- Christianity Today - Breaking The Da Vinci Code
- The Da Vinci Code by the BBC
- Leadership U - Was Jesus Married? by Darrell L. Bock Ph.D.