Teodeberto I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Merovinxia
Rei de todos os francos
Reis de Neustria
Reis de Austrasia
Faramundo 420-428
Clodión 428-448
Meroveo 448-457
Khilderico I 457-481
Clodoveo I 481 - 511
  Khildeberto I 511-558
  Clotario I 511-561
  Clodomiro 511-524
  Teodorico I 511-534
    Teodeberto I 534-548
    Teodebaldo 548-555
Clotario I 558-561
  Cariberto I 561-567
  Khilperico I 561-584
    Clotario II 584-629
  Gontrán 561-592
    Khildeberto II 592-595
    Teodorico II 595-613
    Sixeberto II 613
  Sixeberto I 561-575
    Khildeberto II 575-595
    Teodeberto II 595-612
    Teodorico II 612-613
    Sixeberto II 613
Clotario II 613-629
  Dagoberto I 623-629
Dagoberto I 629-639
  Cariberto II 629-632
    Khilperico de Aquitania 632
  Clodoveo II 639-658
    Clotario III 658-673
    Teodorico III 673
    Khilderico II 673-675
    Teodorico III 675-691
  Sixeberto III 634-656
     Khildeberto III      656-661
    Clotario III 661-662
     Khilderico II 662-675
     Clodoveo III 675-676
     Dagoberto II 676-679
Teodorico III 679-691
Clodoveo IV 691-695
Khildeberto III 695-711
Dagoberto III 711-715
  Khilperico II 715-721
  Clotario IV 717-718
Khilperico II 718-721
Teodorico IV 721-737
Khilderico III 743-751

Teodeberto I, nado cara o 500 e finado no 547 ou 548, (en francés Thibert I ou Théodobert I e en alemán Theudebert I) foi rei merovinxio de Austrasia desde 533 a 548. Tiña a súa residencia en Reims.

Fillo do rei franco Teodorico I de Austrasia. Casado en 533 con Deuteria, unha galo-romana. Posteriormente abandona a Deuteria para casar con Wisigarda (filla de Wacho, rei dos longobardos). Estivo casado probabelmente cunha terceira muller, cuxo nome se descoñece. Tivo un fillo, Teodebaldo (533/535555), do seu primeiro matrimonio e unha filla, Berthoara, da súa segunda muller.

No ano 532 Teodeberto completa, xunto con Gontario (fillo de Clotario I) a reconquista dos territorios situados ao sur de Aquitania, tidos polo seu avó Clodoveo I e que foran tomados polos visigodos á morte de Clodoveo. Á morte de Teodorico I a finais do 533, Teodeberto herda as posesións do seu pai, prevalecendo con axuda dos magnates do seu reino contra as reclamaciones dos seus tíos Khildeberto I e Clotario I. Entón Khildeberto (que quedara sen descendencia) alíase co seu sobrino e divídese con el a herdanza de Clodomiro en Borgoña. Pouco despois disto adopta a Teodeberto como lexítimo herdeiro.

Os reis merovingios uníronse para loitar contra os ostrogodos, aliándose así mesmo cos xépidos e os longobardos (Teodeberto casou con Wisigarda, filla do rei longobardo). Teodeberto arrebatou as provincias de Nórico e da Recia aos ostrogodos. Tomaron grandes zonas de Venecia en 545, aproveitándose das loitas entre os ostrogodos e o emperador bizantino Xustiniano I. En calquera caso Teodeberto evitou a confrontación co Emperador Bizantino. O historiador bizantino Procopio de Cesarea conta que as tropas francas se comportaron de forma bárbara en Italia e que mesmo chegaron a sacrificar xente; os ostrogodos, pobo emparentado cos francos, non esquecerían xamais a invasión franca, en palabras do historiador.

Foi o primeiro monarca merovinxio que acuñou moeda de ouro coa súa imaxe.

Teodeberto morreu no décimo cuarto ano do seu reinado (a finais do 547 ou comezos do 548). Sucedeuno o seu fillo Teodebaldo I.