Coros galegos
Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.
Índice |
Historia [editar]
A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao logo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.
Se ben o seu repertorio é de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida da desenrolo económico.
A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Inda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.
Cronoloxía dos coros galegos [editar]
- Orfeón Coruñés, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón brigantino, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón Pacheco, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón Eco de A Coruña, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Perfecto Feijoo funda Aires da Terra, considerado como o primeiro coro galego, inda que recentes investigacións subliñan a probable existencia de outros coros. [2]
1---
- Airiños d'a miña Terra en Ferrol
- Fundación do Real Coro Toxos e Froles parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego' Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.
- Agrupación Artística de Vigo: fundada o 15 de abril. Coro popular, cadro de declamación e orfeón.
- O 28 de decembro formase na Coruña Cántigas da Terra. O 25 de setembro de 1922 o grupo inicialmente formado por homes actuou na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes
- Foliadas e Cantigas, en Pontevedra.
- Agarimos da terra, de Mondariz
- Coro De Ruada en Ourense (fundadores: Xavier Prado Rodríguez, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla)
- Airiños do Ulla, A Estrada
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Diccionario de la música española e iberoamericana, Tomo IV, p.26 (Entrada Coros, de Ferrer, Nagore)
- ↑ Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)
Ligazóns externas [editar]
Carmen Alonso, Carmen (5 de setembro de 2010). "Catro piares da cultura galega" (PDF). Diario de Ferrol: 34-35. http://www.toxosefroles.com/joomla/images/artigosPrensa/2010_09_05_nordesia.pdf.