Conversa:Coros galegos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Mellor facer un artigo sobre a historia dos coros tradicionais galegos pero co título actual non lle vexo moito xeito--RNC 15:21, 4 xaneiro 2010 (UTC)

Aparte do artigo de coros galegos, inda por facer, non está de máis manter unha lista cronolóxica de fundacións que aporte unha vision ao longo do tempo. Goresquiunha fechiña? 20:38, 30 de maio de 2010 (UTC)

Cambio de título[editar a fonte]

Se non ando errado, a partir de finais do século XIX comezaron a aparecer coros en espazos urbanos, interpretando música con frecuencia inspirada nas formas musicais galegas pero en versión polifónica, afastada da monofonía propia da música tradicional deste país. Por tanto o coro é unha formación allea á música tradicional galega, aínda que de raizame fondamente galega. A miña suxestión é a seguinte: mover este artigo a Cronoloxía dos coros galegos de inspiración tradicional ou algo semellante, deixando o concepto de "música tradicional" para a música popular de autor descoñecido que se axusta aos tipos tradicionais. Xoacas(sólo la puntita) 21:26, 30 de maio de 2010 (UTC)

  • En breve tentarei facer o artigo de coros galegos ou coro galego (sen o adxetivo 'tradicional') e levarei alí a información. Saúdos.Goresquiunha fechiña? 22:18, 30 de maio de 2010 (UTC)

Grupo coral[editar a fonte]

Perdoade o meu descoñecemento do tema pero no artigo dise "Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos", pero un grupo coral na nomenclatura musical non é un grupo de voces mentres que nos coros galegos tradicionais o instrumental é fundamental.--Cheluco 17:02, 5 de outubro de 2010 (UTC)