Pota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pota
Todarodes sagittatus.jpg
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Teuthida
Suborde: Oegopsina
Familia: Ommastrephidae
Especies
Todarodes sagittatus
Todaropsis eblanae
Illex coindetti

A pota, choupa ou voador é un molusco cefalópodo mariño, da orde das Teuthidas, suborde Oegopsina. O nome procede da palabra catalá pota, que quer dicir pouta.

Características[editar | editar a fonte]

Como os demais cefalópodos, as potas teñen cabeza diferenciada, simetría bilateral, manto, oito brazos con función alimenticia e dous tentáculos máis longos con función reprodutiva.

Perderon a cuncha dos seus devanceiros na evolución, conservando só unha pluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio dos músculos. Malia teren dúas aletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dun sifón.

Son grandes nadadoras, e algunhas especies poden 'voar' en distancias curtas fora da auga[1].

A pel está cuberta de cromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.

Especies da familia[editar | editar a fonte]

Pota costeira
Voador

Os nomes comúns de potas, voadores e choupas úsanse de xeito colectivo para unha ampla familia de cefalópodos, entre os que se atopan os Todarodes sagittatus, os Illex coindetti e os Todaropsis eblanae.

Pesca e comercialización[editar | editar a fonte]

A pesca das potas é por arrastre en altura, e usando poteiras cando se fai en baixura. Son especies con valor comercial polo seu uso gastronómico, similar ao das luras pero de menor calidade. Son obxecto de grande comercialización e consumo en forma de aneis conxelados, para o seu cociñado á romana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jabr, F. 2010. Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water? Scientific American, August 2, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]