Bombo de treboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bombo de Treboada
Bombo de mallada. Zés-P'reira
Información
ClasificaciónPercusión

O bombo de treboada ou de mallada, chamado tamén zés-p'reira no norte de Portugal, é un instrumento musical de percusión característico das agrupacións instrumentais coñecidas como Treboadas ou Zés Pereiras. Estas formacións musicais son propias do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués.

Orixe[editar | editar a fonte]

O bombo de treboada[1], ou "de mallar", é un instrumento presente nas dúas beiras do río Miño, cando menos desde o século XVI[2]. Ten pouco ten que ver co bombo moderno, herdado das bandas de música, que é empregado actualmente polos grupos música tradicional. En Portugal este tipo de bombos de grandes dimensións son coñecidos como Zés-P'reiras, un nome do que deriva o das formacións que os empregan, as Zés Pereiras.[3]

Estes bombos fabricábanse antigamente baleirando o tronco dunha árbore. Son instrumentos "chatos", a súa altura non supera o seu diámetro, duns 60 ou 70 centímetros. Os dous parches de pel ténsanse mediante cordas en zigzag que se apertan con arrochos de coiro. Píntanse tradicionalmente de verde e vermello, e tócanse pendurados do ombro con dúas mazas diferentes. A maza da man esquerda é longa e fina e esta feita de madeira, empúñase coa punta cara a abaixo e bate na pel esquerda do bombo, que recibe o nome de "berdueira". A da man dereita, máis grosa, sostense coa punta cara a arriba e vai recuberta coa pel dos collóns dun carneiro. Esta maza percute na pel dereita do bombo chamada "batedeira".[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bombo de Treboada". manelspercusion.com. Consultado o 2021-08-24. 
  2. Fernández Santomé (2012). p.24
  3. Fernández Santomé (2012). pp.9-10
  4. Fernández Santomé (2012). p.89
  5. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Bombo de mallada". Consultado o 2021-09-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]