Conversa usuario:Beninho/Arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Volvín cargar o logo dos 20.000 artigos para que se poida usar nas páxinas de historia da Galipedia: O nome é Image:Wikipedia-logo-gl-20000artigos.png. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:54, 17 xaneiro 2007 (UTC)

En progreso[editar a fonte]

Eu tamén vin algúns artigos que non sabia onde meter. Xa irán indo. Agora hainos que ampliar! --Xosé (✉) 18:10, 20 xaneiro 2007 (UTC)

Auga Destilada[editar a fonte]

Por suposto que me parece ben, adiante. Se necesitas axuda con calquer cousa avisame e farei o que poida. BaNjO 19:11, 31 xaneiro 2007 (UTC)

Xa vin o rexistro de carga de imaxe, a ligazón no artigo xa está cambiada. Bo traballo coa foto. BaNjO 19:19, 31 xaneiro 2007 (UTC)


A forma correcta é gabián, nalgúns dicionarios dos anos oitenta aparecía grafada con v pero agora iso considérase incorrecto, para calquera cousa que precises podes contar comigo.--Margoz 19:35, 2 febreiro 2007 (UTC)

Unha pequena petición - Hamlet[editar a fonte]

Ola Beninho, necesito pedirche un pequeno favor. A ver se podes revisar o artigo que fixen sobre o grupo Hamlet para saber se o clasifiquei ben en canto ao tipo de música. Púxenos coma grupo de rock aínda que na wikipedia en castelán aparecen coma un grupo de metal. A min non se me da ben o de clasificar a música en xéneros, pero vendo os grupos que hai nas categorías Category:Grupos de rock e Category:Grupos e solistas de Heavy Metal decidín poñelos na primeira xa que me cuadrou millor. Se os clasifiquei mal poderías correxilo? Moitas Grazas. Un Saúdo--BaNjO talk 15:04, 6 marzo 2007 (UTC)

Colaboración música[editar a fonte]

Gracias pola túa proposta de colaboración no nacente proxecto de música galega. Estamos aínda empezando e para ir aprendendo imos editar e engadir artigos. Mirarei algúns dos teus para aprender e sacar ideas sobre estructura, plantillas e demais. Toda suxestión será benvida.--Goresqui 11:03, 19 maio 2007 (UTC)

Imaxe da semana destacada en Portada[editar a fonte]

A imaxe Image:Barcos Marín 2006.png da que eres autor foi elixida imaxe de Portada da semana 5 deste ano, moitas grazas por todas as imaxes que levas cargado na Galipedia e polo gran traballo que estás facendo Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:49, 31 maio 2007 (UTC)

Rock And Roll[editar a fonte]

Moitas grazas por entrar neste proxecto. Axudareite no que queiras. Saudos, Skiuv.

Logo 25.000[editar a fonte]

Moitas grazas :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:46, 23 xuño 2007 (UTC)

Ola Beninho. O artigo Sonic Youth que creáches ti foi elixido artigo destacado para a Portada do mes xullo. Grazas por ter creado ese artigo e o resto dos relacionados coa música. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:01, 26 xuño 2007 (UTC)

Grazas por todo[editar a fonte]

Grazas por todo e sorte co proxecto, un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:10, 30 agosto 2007 (UTC)

  • Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:07, 1 setembro 2007 (UTC)

Admeis de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

Apoio público[editar a fonte]

Ola, só quería facerche público o meu apoio ao teu labor como administrador que estás a desenvoler. Anímote a seguir facendoo sen que a situación actual sexa un impedimento e póñome a túa disposición para o que precises e consideres que poida ser de utilidade para que o teu labor sexa máis doado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:39, 9 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 3 outubro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas"[editar a fonte]

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:52, 25 novembro 2007 (UTC)

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. -- Sobreira (parlez) 01:26, 18 decembro 2007 (UTC)

Xa lle diches unha alegría ao rapaz. ;). Moi bo. Parabéns!!!--Alma (fálame eiquí) 16:43, 29 decembro 2007 (UTC)