Conversa usuario:Beninho/Arquivo 6

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe de portada[editar a fonte]

Boas, ¿poderías poñer a imaxe da portada?. Penso que lle toca a Ficheiro:Escultura no atrio da igrexa de San Bieito, Fefiñáns.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:11, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Deixa, xa o fixo Xas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:57, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Influenza vs influencia[editar a fonte]

Beni, influenza é unha doenza, a acción ou efecto de influír e influencia. Dígocho porque estaba en moitos artigos de música nos que traballaches (parabéns, por certo). Estouno a revisar co bot.

Apertas. --. HombreDHojalata.conversa 18:32, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

datos dun ficheiro[editar a fonte]

Ola, Beninho! Podes revisar os datos deste ficheiro, por favor? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:16, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Os nomes dos concellos están mal, son os da comarca do Carballiño. Fíxate que na imaxe hai sinalados 6 concellos e aparecen os nomes de 9. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:33, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Saúdos[editar a fonte]

Ola Beninho. Moitas grazas pola túa mensaxe. É moi alentador comprobar que compañeiros que tanto teñen feito pola Galipedia se lembren de min. Non teño moito tempo así que non sei se poderei axudar moito ou cantas edicións poderei facer pero polo que vexo hai un grupo de colaboradores moi activos que están facendo un gran traballo para que isto vaia cara adiante. Por certo, tamén vin que os artigos relacionados coa música seguen medrando :-) Novamente grazas pola mensaxe e por todo o traballo que levas feito pola Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:00, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Artigo Feijóo[editar a fonte]

Bo día, Beninho. Non entendo por qué eliminaches o contido que engadín eu porque tamén estaba referenciado (con ligazóns externas). É certo que son nova neste mundiño e quizáis alterei algunhas regras, pero non é ningunha mentira os contidos que engadín. Graciñas e un saúdo!

cargar ficheiros[editar a fonte]

Bo día, Beninho, son Lucía outra vez :) poderíasme indicar cómo cargar ficheiros na wikpedia? Non atopo cómo facelo (e quería actualizar a foto que hai de Feijóo, que é bastante antiga) Graciñas!

Torres de delay[editar a fonte]

Ola Beninho. Hai uns días vin o artigo Torres de delay e púxenme a ler algo do tema. Paréceme que o artigo non explica correctamente para un profano o que é. Polo que vin está a torre que é un soporte, os altofalantes line array e logo o software que xestiona os retardos nos grandes concertos, finalmente estaría o concepto para o que se usaría todo (montaxe, altaofalantes, disposición e software). Ademais parece que tamén hai cuestións relacionadas de marcas comerciais. Quizais como ti andas nos temas de música poidas saber algo sobre esa entrada, aínda que só sexa para eliminar o que non está claro. Se fora o caso e tes tempo podes pasarte polo artigo a ver se se pode mellorar algo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:00, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas creo que está ben mellorar eses artigos. A raíz desa entrada lin un texto que explicaba como un enxeñeiro de son calculaba todos os aspectos do son nun concerto no deserto que me pareceu moi interesante e sinalaba a importancia dos cálculos dos retardos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:09, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Enquisa WikiSkills[editar a fonte]

Boas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:36, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Por si se che pasa, coméntoche que hai novas deste proxecto na taberna, cando teñas un momento podes botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:55, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Música por anos[editar a fonte]

Ei Beninho. Boas noites. Vexo varias categorías como Categoría:Grupos musicais formados en 1990, Categoría:Álbums musicais de 1990, Categoría:EPs musicais de 1990‎ etc. ¿Cómo verías que alguén cree a Categoría:Música por anos, e logo as categorías Categoría:Música en 1990 etc?. -- JonnyJonny (conversa) 01:34, 16 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas por ter en conta a suxerencia. O teu traballo de categorización por anos na música é caralludo, por non decir completísimo ou insuperable. Noraboa e grazas de novo. -- JonnyJonny (conversa) 15:41, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Música por anos[editar a fonte]

Boas Beninho! Vin que te puxeches a categorizar por anos a música como te pediu JonnyJonny, a min me propuxo categorizar os séculos anteriores, o conto é, para poñernos de acordo: crear unha categoría de óperas compostas en 2005 dentro de música en 2005 ou crear unha categoría de "música clásica" para óperas, sinfonías, sonatas, suites, etc compostas en cada ano? O certo é que se pode categorizar dun xeito moi xeral ou máis específico. Coido que deberiamos poñernos de acordo en cómo queremos categorizar antes de ter un feixe de anos que se nos escapen das mans. Un saúdo --Piquito (conversa) 18:49, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Seguramente a solución sexa a da categoría:Composicións musicais por ano ou algo así. Non sei cómo o ves? Saúdos --Piquito (conversa) 18:52, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Categorías musicais[editar a fonte]

Boas Beninho! Fixen unha proposta na taberna por un tema de categorías na ópera e saiu a conto as categorías musicais. O certo é que vendo de pasada a estrutura da Categoría:Música pareceume que se pode organizar dun xeito máis sinxelo e organizado, de xeito que para chegar a Categoría:Ópera non teñas que pasar por tantísimas categorías. Hai algunha posibilidade de establecer un debate sobre a reestruturación da categoría dentro do Wikiproxecto ou sería mellor facelo nun foro de debate (non sei se existe como tal na wiki) no que toda a comunidade poda aportar (que coido que é a mellor opción)? Con esto non quito mérito de quen estruturou a categoría, só digo que penso que hai xeitos menos enrevesados para ordenar a categoría. Un saúdo. --Piquito (conversa) 00:22, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Categorías por ano[editar a fonte]

Ola Beninho! Propúxenlle a JonnyJonny un sistema para as clasificacións da música por ano, se podes mirar qué che parece na súa páxina de conversa en Máis música por anos ou algo así. Paréceche ben a categorización por anos que fun facendo coas óperas (se queres podes mirar a partir de Il barbiere di Siviglia). Xa me dirás. Un saúdo. --Piquito (conversa) 20:02, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Boas outra vez! Coido que non me expliquei ben ao plantexar o tema de álbums, EPs, sinxelos... referíame de incluílos todos nunha nova categoría que se podería chamar Categoría:Gravacións por ano ou Categoría:Rexistros musicais por ano (algo así, o título xa se discutirá), de xeito que a categoría quedara coas categorías de composicións, gravacións/rexistros e grupos. Creo que me vou explicando mellor, xa me contarás, un saúdo!! --Piquito (conversa) 14:17, 23 de marzo de 2012 (UTC)
Sobre as óperas por ano e por data, o fixen saltándome unha categoría intermedia que serían as compostas por séculos, de tal xeito que quedara: ano, século, data. Se me ocorreu porque é un xénero (tamén se podería aplicar a sinfonías, sonatas, etc) de moi longa tradición, xa que se consideramos a primeira ópera datada en 1600 temos catro séculos, e en cada ano se compuxeron un feixe delas (chega con ver que compositores como Rossini escribiron nalgúns casos 3 nun ano), polo que agrupándoas por séculos simplificaba o conto, pero bueno, xa me contarás. Saúdos. --Piquito (conversa) 22:26, 23 de marzo de 2012 (UTC)

Pasei a vida chorando e suspirando Marin por ti[editar a fonte]

Ola amigo!! Son o Alvariño. Estou tentando poñer ó alumnado da escola de restauración de bens culturais a traballar no proxecto. A ver que tal sae. Que consellos me/nos das? Apertas miles. Hai que quedar a tomar unha birra non virtual un día destes. AArizaga (conversa) 11:12, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Maybeshewill[editar a fonte]

Ola Bene! Poderías facer un bosquexo do artigo Maybeshewill? É máis que nada para subir algunha foto das que saquei no concerto. Por certo, recomendadísimos, tanto eles coma os teloneiros... vaite apuntando o nome de Jardín de la Croix. Saúdos! --Alberte Si, dígame? 01:19, 8 de abril de 2012 (UTC)

Obradoiro WikiSkills[editar a fonte]

Boas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:30, 13 de abril de 2012 (UTC)

categorías[editar a fonte]

Ola, Beni! Como sei que che gustan os artigos de música, vouche encargar un traballiño, aínda que é un pouco latoso e pouco agradecido. Dentro das Categorías requiridas existen numerosas relacionadas coa música ("tal grupo", "discos de tal grupo", "tal xénero"...), pero non me atrevo a meter man porque moitas veces me lío coas iws das propias categorías; anímaste a ir creándoas?

Por certo: outra recomendación/petición: Manta Ray.

Vémonos nos concertos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:06, 4 de maio de 2012 (UTC)

Cambio de nome dun artigo[editar a fonte]

Ola colega. Que tal? Resulta que teño que pedirche axuda galipédica. Unha alumna miña fixo un artigo sobre un antroido recuperado en Meira, Moaña e creou o artigo seguinte (esta). Pero ela en realidade quería darlle como nome "Entroido de Madamas e Galáns de Meira, Moaña". Como hai que facer pa cambiarlle o nome a un artigo? Ten que ser un administrador? Ou hai que crear outro artigo co nome correcto e redireccionalo alí? Ilústrame coa tua sabedoría, compañeiro. Apertas mil (na na na ... xa pasei o mar ... xa collin laranxas do teu laranxal... na na na ... as pernas che vin ... aquel bicho negro botábase a min... ¿que canción é?) A ver cando nos vemos!--AArizaga (conversa) 20:38, 23 de maio de 2012 (UTC)

Feito! Arranxado; --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:04, 23 de maio de 2012 (UTC)

disco / álbum[editar a fonte]

Graciñas polo aviso! Tomo nota para vindeiras edicións. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:42, 10 de xullo de 2012 (UTC)

Éche problema do modelo. Vouno intentar arranxar. --Toliño Fala aquí comigo 11:56, 11 de xullo de 2012 (UTC)

Feito! Feito! Xa está todo solucionado. --Toliño Fala aquí comigo 14:02, 11 de xullo de 2012 (UTC)

Pazo de Cadro[editar a fonte]

Ola, Beni! Cando teñas un momento, achégaste até Piñeiro e tíraslle unha foto ao pazo de Cadro, porfi? Aquí hai un mapa indicando a situación, e dúas imaxes de exemplo. Sería interesante que leses o artigo e buscases os diversos elementos do conxunto, así como varias inscricións mencionadas.

Vémonos o venres, non? Vés comer?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:49, 22 de xullo de 2012 (UTC)

Amañar a portada[editar a fonte]

Podes poñer na portada o artigo de Cataluña como destacado?. Penso que xa saleu a votación pero non se liga nada na portada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:03, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Nova ferramenta[editar a fonte]

Podes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:29, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10:38, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversario[editar a fonte]

Boas, fai tempo fixen unha proposta na taberna para tratar de organizar algún evento para o décimo aniversario da Galipedia e gustaríame que deras alí a túa opinión. Só che pido que poñas as túas impresións sobre a proposta, as túas ideas, as cousas coas que estás dacordo ou desacordo para tentar levar adiante esa idea, se é posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:07, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Ola!, aquí estamos facendo unha pequena votación para ver se poñemos un aviso na cabeceira da Galipedia, precisamos o teu voto para tomar unha decisión, poderías botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:38, 25 de outubro de 2012 (UTC)
Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:28, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Precisamos algún concordo máis para poder facer a votación das propostas para o décimo aniversario, a ver se tes un momento e podes pasarte pola taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:29, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 13:57 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Rapás, tiven que riscar o teu voto porque o plazo remataba onte :( De tódolos xeitos grazas por participar e seguiremos informando! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 10:20 (UTC)[responder]

Non te preocupes de nada, xa temos escollidas dúas propostas, agora hai que darlles un pouco de pulo para que saian ben vizosas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 13:19 (UTC)[responder]
Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :)
Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:40 (UTC)[responder]

Ópera rock[editar a fonte]

Boas Beninho!! Anímaste a crear o artigo ópera rock? Penso que es a persoa máis indicada das que coñezo por aquí. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 09:14, 31 de outubro de 2012 (UTC)

Grazas Beninho!! Tranquilo que non é urxente, era máis que nada por se non se te ocorrera crealo. Piquito (conversa) 12:42, 31 de outubro de 2012 (UTC)

Veciño!! Unha foto tirada preto da túa zona foi proposta a imaxe da semana; anímaste a crear o artigo Castro da Subidá? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:56, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Córsega do Sur[editar a fonte]

Ola Beninho, creei a categoría Nados en Córsega do Sur, pero o correcto sería Nados no departamento de Córsega do Sur, a ver se o podes cambiar, grazas por adiantado :) Saudos JaviP96 (fálame) 17 de decembro de 2012 ás 23:24 (UTC)[responder]

Ola de novo Beninho, creei a categoría Nados no departamento do Norte, pero xa existe Nados no departamento de Norte, a ver se os podes fusionar nun só. Saudos JaviP96 (fálame) 19 de decembro de 2012 ás 21:53 (UTC)[responder]