Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Desde 2009 ata 2013


Molly Malone[editar a fonte]

Ola benvido, poderías arranxar un pouco o artigo de Molly Malone, a Galipedia é unha enciclopedia e os artigos teñen de ser redactados tamén de xeito enciclopédico, para calquera axuda podes contar co resto dos colaboradores.--RNC 13:08, 1 novembro 2009 (UTC)

A non ser que deas referencias, non hai probas da existencia de Molly Malone, é unha canción arredor da que se teceu unha lenda.--RNC 16:50, 1 novembro 2009 (UTC)

Alexei Romanov[editar a fonte]

Retirei o cadro de antepasados de Alexei Nikolaevich Romanov, estaba parcialmente en castelán, xa sei que podemos parecer duros e pesados pero queremos que a Galipedia sexa unha wikipedia de calidade e para conseguilo temos que seguir un criterio que manteña a calidade. Non o tomes como algo persoal nin como un ataque, sei que pode ser incomprensible para os novos pero como me pasou a min apréndese dos erros, todos o fixemos mal ao principio, xa sabes a seguir no choio.--RNC 17:29, 1 novembro 2009 (UTC)


Modelo:galicia info[editar a fonte]

Non pasa nada. O modelo de Galicia é independente, e diferente, do resto das comunidades autónomas. paréceme que entra dentro do razoable a túa ampiación, pero o mesmo que me parece que se faga unha referencia á UE, ou a máis detalles que se poden inclúír, e que poderían dar lugar a un modelo algo longo de máis, por iso digo de comentar antes calquera ampliación ou mudanza importante. Un saúdo e parabéns polo traballo. --Alberte Si, dígame? 18:50, 13 novembro 2009 (UTC)

RE: Citas[editar a fonte]

A ver, ao seren citas de documentos oficiais, coido que o mellor é que, se os traducimos, deixemos nas notas a versión en lingua orixinal. Sabes como facelo?: faise como se fose unha referencia, poñendo as etiquetas <ref> e </ref>. Se necesitas axuda, pídema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:34, 25 novembro 2009 (UTC)

Non hai de que.[editar a fonte]

Para iso estamos, a mandar.

É o bo disto, que sempre hai ollos para todo. Saúde. --Xoacas(Góstache o pemento?) 16:18, 1 febreiro 2010 (UTC)

Problemas coas imaxes que subiches[editar a fonte]

Tanto Ficheiro:BBC Radio 4.png como Ficheiro:BBC Radio 3.png carecen de datos suficientes como para poder comprobar que as empresas que teñen eses logos colocaron eses logos no doinio público permitindo as obras derivadas e o uso comercial. Polo mesmo, retirei a imaxe dos arquivos en que estaban a ser empregados e creei entrada en Wikipedia:Imaxes para borrar/Votacións. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  21:06, 19 marzo 2010 (UTC)

Dereitos de imaxe e Wikipedias[editar a fonte]

Ola Amperio. Vou intentar explicarche o que é o copyright, o que é o copyvio, e o que a Wikipedia ofrece e cómo o ofrece. Non dubides en solicitarme futuras aclaracións.

copyright

O copyright son os dereitos de autoría. Un autor pode decidir publicar a súa obra permitindo ou non o seu posterior uso a terceiros; pero entre permitir e non permitir, hai varios chanzos que intentarei comentarche a continuación:

  1. As obras poden ter tódolos dereitos reservados. Nese caso ninguén pode empregalas. Tes ademais que saber que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña tódolos dereitos reservados. É dicir, se nunha páxina web ou nun libro, non pon nada, non hai ningunha licenza que indique o copyright, texto e imaxes desa páxina web ou libro teñen tódolos dereitos reservados.
  2. Hai licenzas que permiten o uso de imaxes con condicións. As condicións poden ser as seguintes (a grandes trazos). O autor pode obrigar a que se cumpra unha das condicións, as dúas ou as tres. Condicións:
—>Atribución: É necesario expresar o autor da obra e o lugar do cal se recolleu dita obra (texto ou imaxe)
—>Compartir igual: Obrígase a que as obras derivadas (variacións dunha obra, fotografía dunha estatua...) teñan a mesma licenza cá obra orixinal da que parten.
—>Uso non comercial: Prohíbese empregar a obra comerciamente
3. Outras obras están en cambio no dominio público sen restricións e poden ser empregadas como apeteza.
Copyvio

É un termo anglosaxón que reduce o que nós expresamos como "violación dos dereitos de autoría". Máis adiante explicareiche todo o pormenorizadamente que poida o por que as imaxes que subiches da BBC son unha violación dos dereitos de autoría.

As Wikipedias

Un dos erros habituais que teñen os usuarios é considerar as wikipedias como un espazo docente, cando as Wikipedias son moito máis ca iso. É dicir, cando ti colocas unha imaxe nun artigo, non só estás aumentando a calidade do artigo por mor da exemplificación que supón a imaxe, senón que estás ademais colocando a imaxe á vista dos usuarios para que estes a poidan empregar nos seus traballos, sexan da índole que sexan e do mesmo xeito (ou semellante) que ocorre co texto.

Os libros de texto que teñen os alumnos en España poden pillar -a lei permíteo- calquera imaxe e empregala con intención educativa. Pero as Wikipedias non poden facer iso porque ofrecen as imaxes para calquera uso. De feito, ti non podes coller unha imaxe dun libro de texto, facer unha postal e vendela, pero si que o podes facer cunha imaxe da Wikipedia cumprindo, iso si, as condicións da licenza da imaxe.

En xeral, as condicións necesarias para que unha imaxe poida estar nas wikipedias (varía segundo a lexislación do país) son que dita imaxe permita a realización de obras derivadas e o uso comercial. ¿Por que? Pois porque a Wikipedia ofrece a terceiros as imaxes con esas condicións. Noutras palabras, calquera imaxe da Wikipedia pode ser impresa e vendida, nunhas haberá que citar o autor e de onde se pillan esas imaxes; noutras, nin sequera iso

As imaxes da BBC

Como xa te darás conta, non permiten o uso comercial, nin a distribución, nin... Son válidas para un libro de texto, para un xornal, pero non para a Wikipedia. Se as colocamos e permitimos na Wikipedia, estamos dicindo que se poden facer delas obras derivadas e que se permite o uso comercial (a wikipedia inglesa ten unha lexislación diferente porque EEUU ten leis que non se aceptan en Europa, en concreto, o uso lexítimo)

Datos importantes

Se queres iniciarte ben no tema, recoméndoche que empeces por ler as políticas: Wikipedia:Política de uso de imaxes e Commons:Commons:Obras derivadas

Supoño que che van quedar moitas dúbidas, tesme á túa disposición. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:53, 20 marzo 2010 (UTC)

Esquecín agradecerche que te puxeses en contacto comigo. Non creas que é habitual, polo xeral os usuarios semellan mosquearse e non se poñen en contacto-- Lmbuga / Conversa comigo  17:06, 20 marzo 2010 (UTC)
Estiven relendo as mensaxes recibidas. Fágoo de cando en vez e soe ser produtivo pois é frecuente que se me pase algo por alto. Tras mirar máis detidamente a túa última mensaxe, en concreto cando dis Pero en caso de que tiveran que ser borradas a causa disto, non deberían facer o mesmo co resto de imaxes de televisións públicas que din o mesmo nos seus copyright?.. Pregúntome cáles son as imaxes ás que fas referencia, pois seguramente deberían ser borradas. Agradézoche que me poñas ligazón a elas para poder estudalas. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:54, 20 marzo 2010 (UTC)
Grazas. Non coñecía a imaxe. Non debía estar eu activo en 2007 ou esquecín a imaxe polas dificultades que ten decidirse con ela. A ver se teño tempo e estudo ese caso, pois hai cousas que non sei. Creo que tes razón, pero teño visto en Commons imaxes de logos que se admiten por non seren rexistrables debido a que simplemente empregan un formato de letra que está no dominio público e unhas cores que tamén están no dominio público, o cal quere dicir que calquera pode xuntar eses elementos. Con todo, ese G semella unha obra derivada, non creo que sexa unha fonte ttf, pero pode selo. A iso hai que engadir que non tódalas fontes ttf están no dominio público, polo que a cuestión desa imaxe pode escapulírseme das mans. Esta semana teño moito traballo. Para a semana dígoche. Quizais o primeiro paso sexa preguntarlle ó autor se empregou unha fonte ttf, pero antes será mellor que busque exemplos en Commons, dar coa carpeta que poida ter imaxes dese tipo. Como ves, é horrible isto das licenzas-- Lmbuga / Conversa comigo  14:30, 21 marzo 2010 (UTC)

Xa encontrei a etiqueta en Commons (Commons:Template:PD-textlogo). Fíxate, pon o seguinte: Esta imagen, o el texto representado en ella, consiste sólo en formas geométricas simples y texto. Esto no alcanza el umbral de originalidad necesario para que esté protegido por derechos de autor, por lo tanto, está en dominio público.
No obstante, podría estar sujeto a otro tipo de restricciones. Véase WP:PD#Fonts o Template talk:PD-textlogo para más información.
. Terei que mirar esas páxinas ás que fai referencia-- Lmbuga / Conversa comigo  14:41, 21 marzo 2010 (UTC)

Alhambra[editar a fonte]

Pelirrojo: rubio, roibo. Rojez: tonalidade avermellada (ou roxa, depende de por onde queiras tirar). Eu usaría rubio e tonalidade avermellada, para estes caso cocreto. Ti decides, Amperio. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:27, 2 abril 2010 (UTC)

Nomes oficiais[editar a fonte]

Pois débense mudar. Os nomes dos artigos deben ser os orixinais da empresa, non se poden traducir. Cómpre corrixilo. Grazas por dar o aviso. --Toliño Fala aquí comigo 17:06, 6 abril 2010 (UTC)

Ian Fleming[editar a fonte]

Amperio, tes que lle engadir info, non abonda con chantarlle unha caixa informativa. Entrementes que non está rematado, e contando con que teñas intención de continualo nos vindeiros días, pensa en meterllo o marcador de EnUso, que pode estar un máximo dun mes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:59, 11 de abril de 2010 (UTC)

Ben, ben. Xa vin dous minutos despois de cho dicir, xa o tiñas feito. Bo traballo. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 13:40, 11 de abril de 2010 (UTC)
En galego se hai tradución a galego. Outramente, sempre na lingua orixinal, sexa esta sardo, inglés, castelán ou italiano. Que haxa traducións a castelán ou a xaponés, na Galipedia tanto ten. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:24, 11 de abril de 2010 (UTC)
Pero estás seguro de que hai tradución a galego? Se a hai, indica de onde tiras a referencia, que sempre é bo. Se non hai, na lingua orixinal sempre. --Atobar (conversa comigo) 19:24, 11 de abril de 2010 (UTC)
Vale. As pelis, pelis son. Para este caso non valen. Mentres a forma prioritaria sexa a lingua orixinal, non hai ningún problema en facer unha aproximación a tradución galega, por exemplo en cursivas e dentro de parénteses. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:39, 11 de abril de 2010 (UTC)

RE: Bandeira[editar a fonte]

Feito! Feito! O problema era que non existía o parámetro no modelo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:34, 14 de abril de 2010 (UTC)

RE: Modelo[editar a fonte]

Creeiche o modelo {{Barco}}. Non fixen unha documentación tan ampla como a que había na Wikipedia en castelán, pero coido que é suficiente. Revisa as traducións a ver se están ben os termos en galego. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:18, 19 de abril de 2010 (UTC)

Feito! Feito!. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:20, 9 de maio de 2010 (UTC)

Bibliografía[editar a fonte]

Vin que engadiches bibliografía ao artigo Felipe V de España. Paréceme ben que sexa a mesma que hai no artigo da es.wp, pero non lle viría mal que alguén a traducise, e xa de paso que retirase as edicións vermellas que apareceron ao copiala. Saúdos. Xoacas(sólo la puntita) 13:46, 31 de maio de 2010 (UTC)

Xa está feito, Amperio. Retirei toda a información subxectiva. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:58, 31 de maio de 2010 (UTC)

Re: Felipe V[editar a fonte]

De nada AMPERIO, estamos para o que queras, so tes que dicilo.

Un saudo--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 17:26, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Valenzuela[editar a fonte]

Por favor, aclara a orixe da licenza, Amperio. Conversa ficheiro:Ramonval.jpg. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:54, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Non estou seguro, penso que non. Pero disto das imaxes sei máis ben pouco. Voullo dicir a Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 16:00, 14 de xuño de 2010 (UTC)
Xa, xa. Pero é para eu o aprender tamén. Ista das licenzas das fotografías é moi restritivo. Demasiado. E é mágoa, porque noutras wikis como a de fala inglesa permiten moito máis (pola lexislación que teñen USA e GB). --Atobar (conversa comigo) 16:03, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Edición[editar a fonte]

E así é, cómpre respectar a edición do primeiro editor, pero o caso de Galiza é outro, e aquí ten prioridade, como é lóxico e normal. --Atobar (conversa comigo) 14:10, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Amperio, non é cousa do que eu diga ou pense, é parte das normas das que nos dotamos. Po outra banda, seer administrador nada ten que ver con isto; o mesmo peso ten o que di un editor ca un burócrata ca un administrador. --Atobar (conversa comigo) 14:18, 17 de xuño de 2010 (UTC)
Non me molestou en absoluto. Sobre da foto, non cho sei, que non seguín o fío. --Atobar (conversa comigo) 14:26, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • Seica foi Alberte quen a quitou [1]. --Atobar (conversa comigo) 14:27, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • Ola! Si, fun eu quen eliminou a imaxe, pois ten copyright. Teñen que pasar 70 anos da morte do fotógrafo para que a imaxe pase a dominio público. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:31, 17 de xuño de 2010 (UTC)


Información imaxe[editar a fonte]

Ola Amperio.

En canto a imaxes que subiches Ficheiro:Descargaderoalmería.JPG, poderías ampliar a información empregando unha caixa de datos?

Pégoche un modelo:

Datos dos ficheiros[editar a fonte]

Ola AMPERIO/Arquivo 1, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 19:26, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Son eu outra vez. O certo é que estiven vendo que sería bo ampliar a información en todas as imaxes que tes subido [2], anímaste? Tes máis información do tema en Wikipedia:Política de uso de imaxes#Información da licenza: como marcar as imaxes

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 20:23, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Moito mellor. Eu ata lle metería unhas ligazóns internas, nos casos que proceda: [3]. Adiante, pois, coas outras. Un abrazo--. HombreDHojalata.conversa 19:03, 26 de agosto de 2010 (UTC)

Tamén a min me aparece desprazada. Voullo dicir a Toliño, que é quen controlo de modelos. --Atobar (conversa comigo) 15:43, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Ao que me dirixes é a unha páxina de meta en wikimedia, e aí eu pouco podo facer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:06, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

RE: Modelo de información[editar a fonte]

Feito! Arranxado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:19, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Como eran IP todas as que participaron no artigo non podía saber que eran dúas persoas as que interviron no artigo.--Cheluco 19:23, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

RE: Modelos de países[editar a fonte]

Aquí están:

  • Bosnia e Hercegovina: {{BHC}} e mais {{BHCb}}
  • Macedonia: {{MAK}} e mais {{MAKb}}

Lembra que os que teñen o "b" ao final son a bandeira soa; os primeiros son a bandeira xunto ao nome. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:05, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

RE: República Checa e Andorra[editar a fonte]

Pois os modelos que me pedías xa existían (se non están todos, coido que moi poucos países faltarán por modelo):

  • República Checa: {{CZE}}
  • Andorra: {{ANR}}

Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:11, 16 de maio de 2011 (UTC)

O método que empreguei foi ir ao artigo sobre o país e, no cadro de información á dereita hai un apartado que pon "Código ISO", probas coas letras que aí aparecen e normalmente debería saír o modelo que queres. Poida que pase tamén como con Andorra, cuxas letras serían "AND", pero o modelo {{AND}} é para Andalucía. Entón adoita haber nas instrucións de uso unha aclaración, como é o caso, onde aparece que Andorra é {{ANR}}. Non sei se me explico. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 08:37, 18 de maio de 2011 (UTC)

Cambios no sistema[editar a fonte]

Están a facer cambios no sistema wiki e por iso pasan estas cousas e outras. A min por exemplo, sáenme desprazados todos os modelos, que é peor! Deámoslles un tempo até que estabilicen (isto sucede dende hai catro ou cinco días) o sistema e se a cousa segue igual, daquela xa lle habemos de chamar a atención para solucionalo. Máis non che podo dicir porque non sei. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:02, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Licenzas de imaxe[editar a fonte]

Ola AMPERIO. Esta mensaxe é para aclarar a licenza das seguintes imaxes que cargou vostede Ficheiro:Ostankino tower.gif e Ficheiro:Antonov logo.png. Na caixa de información que engadiu vostede indica que están no dominio público cando unha delas é un gráfico da BBC e outra un logo. Podería confirmar cal é a situación da licenza, por favor. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:48, 8 de abril de 2012 (UTC)

A pregunta é sobre a licenza que puxo vostede nas imaxes, a licenza di literalmente "Esta imaxe foi creada no dominio público polo propietario dos dereitos de autor, os dereitos de autor expiraron, ou non é o tipo de imaxe ao que se lle poidan aplicar dereitos de autor." Quixera saber se vostede dispón de datos para afirmar que as devanditas imaxes esán no dominio publico porque semellan ser imaxes que teñen copyright. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:04, 8 de abril de 2012 (UTC)
Como supoño sabe aínda que unha imaxe apareza publicada en Internet non implica que estea no dominio público, as páxinas de procedencia das devanditas imaxes indican que teñen copyright e os logos agás determinadas excepcións están protexidos polo copyright. En resposta á súa pregunta as imaxes están en continua revisión, por desgraza estas imaxes apareceron no curso da indagación das molestas edicións duns IP que estiveron vandalizando estes días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:26, 8 de abril de 2012 (UTC)
Hai outra imaxe que cómpre aclarar, trátase dunha captura de pantalla dun iPhone da rede movistar Ficheiro:IPhone galego.PNG. A imaxe que aparece de fondo é unha imaxe propia súa ou pertence aos fondos de pantalla que sumistra o teléfono? Se fora o caso dun fondo de pantalla suministrado, como a simple vista parece, é preciso confirmar en que condicións está licenciada a imaxe polos propietarios da mesma. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:52, 8 de abril de 2012 (UTC)

Imaxes e outras lerias[editar a fonte]

Amperio, como ben sabes, non se trata de caprichos de ninguén nin de que che dea o mesmo. O caso ér que a revisión dos contidos da Galipedia (textos, referncias, erros... e imaxes) é unha tarefa imprescindible para aumentar a garantía da enciclopedia (a fiabilidade) e evitar posibles problemas. Por iso temos unhas normas, que coñeces, que poden ser ríxidas e non sempre comprensibles, pero que son as que son, e temos que respectalas. Estou seguro que, no fondo, o entendes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:40, 8 de abril de 2012 (UTC)

En resposta a túa consulta.

No é que incumpra norma ningunha, pero non lle vexo utilidade a facelo nun modelo. Os modelos fanse para non ter que repetir o mesmo texto unha e outra vez en varias páxinas. Ese texto iría nunha única páxina, a túa páxina de usuario.

Podes meter o código que meterías no modelo directamente na túa páxina. Ir actualizándoo vaiche dar o mesmo traballo, o fagas en Usuario:Amperio, ou o fagas en Modelo:X.

Eu fixen modelos que metín na miña páxina, pero é porque son de uso para varios usuarios--. HombreDHojalata.conversa 11:11, 10 de abril de 2012 (UTC)

O que se pode facer nestes caso (xa o fixeron outros antes) é crear unha subpáxina de usuario. Por exemplo: "Usuario:AMPERIO/Artigos creados". Logo podes incluír os seus contidos como se fose un modelo ({{Usuario:AMPERIO/Artigos creados}}, ou simplemente {{/Artigos creados}}). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:43, 10 de abril de 2012 (UTC)

Por min non hai problema en cambiar de nome, realmente dame igual. Na conversa dixen que mellor que non porque non andar cambiando, pero vamos, se consegues o acordo dos demais eu non me vou opoñer.--Adorian (fálame) 20:19, 10 de novembro de 2012 (UTC)

Veño de facer o modelo {{Periódico}} que me pediras. Se ves que falta algún campo e non sabes como engadilo déixame outra mensaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 23 de novembro de 2012 ás 09:03‎ (UTC)[responder]

Miguel II de Rusia[editar a fonte]

Ola, Amperio. Sobre o que me preguntas, xa deixei explicado no marcador de borrado que se debería borrar a redirección para poder mover a Miguel II de Rusia o artigo que agora se titula Gran Duque Miguel Aleksandrovich de Rusia, posto que este señor chegou a ser realmente emperador de todas as Rusias. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23 de novembro de 2012 ás 09:31 (UTC)[responder]

O artigo permanecerá baixo o título de Miguel II de Rusia, e a páxina de Gran Duque Miguel bla bla bla será unha redirección que conducirá ó artigo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de novembro de 2012 ás 15:38 (UTC)[responder]

Feito! Movido --Atobar (conversa comigo) 29 de novembro de 2012 ás 13:08 (UTC)[responder]
I don't know of any sources that say he was de jure tsar or that he reigned for a day. However, we could say something like: "His biographers have called him "the last tsar of Russia"." and we could say something like "Nicholas wrote to Michael, calling him Michael II, but Michael's accession was not universally recognised". I did not write "Tras verse forzado polos revolucionarios asinou a súa abdicación": that should relate to Nicholas II not Michael. What I wrote was "El nunca fue confirmado como emperador", which I hope means "He was never confirmed as emperor". DrKay (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 17:38 (UTC)[responder]

Votación Titanic[editar a fonte]

Boas AMPERIO!! Vin a túa proposta para artigo de calidade do RMS Titanic e deixei un comentario. Non me gusta votar á contra ás primeiras de cambio, por eso espero. No comentario expoño os problemas que lle vexo, eu lamentáblemente non vou poder axudar moito no tema, xa que teño varias tarefas pendentes, se te animas a melloralo e precisas axuda puntual tentarei axudarche para mellorar o artigo e tentar que finalmente sexa de calidade. Unha aperta e a seguir!! Piquito (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 00:21 (UTC)[responder]

Puntal (P).

A páxina de francobordo fíxena eu. ¿Exactamente que non entendes da definición? Na wiki ES tamén ven explicado igual o francobordo e o puntal; e o erro na páxina do Titanic é o mesmo. A altura do buque NON é o puntal. Na páxina sobre o Titanic en inglés está correctamente o dato do puntal diferenciado da altura.

  • Puntal -> distancia dende a quilla á cuberta
  • Altura do buque -> quilla a cheminea

en Wiki EN:

Height: 175 ft (53.3 m) (keel to top of funnels)
Draught: 34 ft 7 in (10.5 m)
Depth: 64 ft 6 in (19.7 m) --Nemigo 30 de decembro de 2012 ás 15:46 (UTC)[responder]

Non. A altura das chemineas non serve para nada neste caso. O puntal é o calado máis o francobordo . A altura ás chemineas non está en ningures. Aquí non imos dar un curso de terminoloxía naval. O puntal do Titanic é: Depth: 64 ft 6 in (19.7 m) --Nemigo 30 de decembro de 2012 ás 16:07 (UTC)[responder]

Boas outra vez, AMPERIO!! Deixei outros puntos a mellorar do artigo na páxina de votación, se ves que é moito choio avísame e tratarei de axudarche na medida das miñas posibilidades, aínda que non teño demasiado tempo, polo que ando creando pequenos artigos en lugar de adicarme aos que teño en uso. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 21:14 (UTC)[responder]

Formato enciclopedia[editar a fonte]

No entiendo a que te refieres con modelo enciclopedia. AIA Espana--88.2.234.171 7 de xaneiro de 2013 ás 17:10 (UTC)[responder]

RE:Usuario:AIAEspana[editar a fonte]

Nós pouco máis podemos facer, controlalo todo o que poidamos e dar aviso ós administradores, vou deixar outra nota no teu aviso no tablón dos biblios para que se encarguen eles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:37 (UTC)[responder]

Non te preocupes, xa deixei o meu comentario na páxina dos administradores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:47 (UTC)[responder]

Votacións[editar a fonte]

Ola AMPERIO, pois foi porque unha vez rematado o prazo de votación (e rematado de máis, por certo), non acadaron o número mínimo de votos a favor para seren aprobados. Podes consultalo en Wikipedia:Votacións/Prazos, porcentaxes e votos mínimos para as votacións. Saúdos. --Xas (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:47 (UTC)[responder]

Boas AMPERIO! Tentarei ler o artigo a poucos, ando moi liado e o que vou facendo por aquí o fago a poucos. Polo que vin por riba, parabéns polo traballo, se cadra para que fora de calidade precisaría algunha referencia máis e algo máis de bibliografía, mais non te podo pedir máis do que levas feito, que é moitísimo. Prefiro que outros usuarios te dean o seu punto de vista, xa que pode que chegue co que hai (non o sei, tería que comparalo con outros doutras wikis para ver se hai algo que puidera ter e non teña), polo que te recomendaría que falaras con usuarios máis vellos ca min e tentaras que te axudaran dicíndoche eles tamén as eivas que lle ven e o que consideran que lle falta para ser de calidade (se hai algo), xa que eu en aspectos técnicos por exemplo non podo axudarche (por certo, moi boas as táboas). De todos xeitos véxolle un inconvinte para que saia de calidade (non por min, que seguramente se non o é xa o sería con pouco máis, especialmente co que che comentei das referencias e se cadra pouco máis en contidos, repito, sen lelo aínda de todo), o feito de que teña moitas ligazóns internas en vermello, algo que non é un requisito pero que varios usuarios consideran fundamental (véxase Atobar ou Xoacas) como podes ver na votación de The Beatles (sorprendentemente, nesta votación o feito de que non haxa bibliografía no artigo non inflúe no voto negativo, só as ligazóns en vermello), polo que eu de ti miraría se hai algo en es.wiki, en.wiki, fr.wiki, pt.wiki, ou nas que queras que puidera ampliar o artigo e completar as ligazóns en vermello para tentar que voten a favor máis usuarios. Xa che contarei logo de ler o artigo, parabéns polo traballo, a ampliación foi enorme e en moi pouco tempo, ogallá alguén te axudara ou tivera eu máis tempo para facelo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 17:40 (UTC)[responder]

Colorado[editar a fonte]

Ola AMPERIO, evidentemente a culpa non é túa (sinto se che fixen pensar isto), todo o contrario fas ben en crear artigos, é toda miña, púxenme a facer os modelos antes da cidade, porque pensei que ninguén a ía crear. Saúdos. --JaviP96 16 de xaneiro de 2013 ás 19:19 (UTC)[responder]

Concellos de A Rioxa[editar a fonte]

Ola, Ampeio. Acabo de deixar un comentario en Conversa modelo:Concellos de A Rioxa que supoño que che ha interesare. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16 de xaneiro de 2013 ás 23:56 (UTC)[responder]

Caixas de navegación de concellos de España[editar a fonte]

Ola AMPERIO. Recentemente creaches varios modelos de caixas de navegación de concellos de España, pero cometiches un fallo, as categorías (e interwikis se houbera) incluíchelas abaixo de todo sen máis e esas categorías aparecen nos artigos, para iso hai metelas entre <noinclude> </noinclude>. Aquí podes ver un exemplo. Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de xaneiro de 2013 ás 08:01 (UTC)[responder]

Votación Titanic[editar a fonte]

Boas AMPERIO!! Mudei o meu voto na votación para o Titanic, deixei un comentario por se queres ver a xustificación. Non votei negativo porque pareuceme que tiña que recoñecer o enorme traballo que fixeches, e máis aínda cando non tiveches axuda para facelo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2013 ás 10:33 (UTC)[responder]

RE: RMS Titanic[editar a fonte]

Coido que o da táboa xa está. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 1 de febreiro de 2013 ás 13:48 (UTC)[responder]

faltas de ortografía[editar a fonte]

Ola AMPERIO. Estiven revisando os artigos que creaches recentemente e vin que cometiches varias faltas de ortografía, como [4] e [5]. Para non cometer estes erros que corrixín eu abondo con instalar o corrector ortográfico para o Firefox. E tamén co Wikipedia:Revisor ortográfico, que non marca todos os erros, porque aínda hai que ampliar a listaxe. Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de febreiro de 2013 ás 22:54 (UTC)[responder]

Pois creo que o único navegador que ten corrector ortográfico de galego é o do Firefox, e o Firefox tamén o hai para MAC. O malo é que este corrector ortográfico para o Firefox leva sen actualizarse dende febreiro do 2011. Pero os do Proxecto Trasno van a sacar unha nova versión proximamente. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 15:45 (UTC)[responder]
O malo do revisor é que está bastante incompleto, eu ás veces engado termos. Tamén existe o Wikipedia:Detector de homónimos, que marca de amarelo as ligazóns que ligan con páxinas de homónimos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 15:46 (UTC)[responder]
Pois supoño, é que tampouco usa Microsoft Office Word, uso LibreOffice que tamén ten corrector ortográfico é está actualizadísimo, de fai 5 meses ou menos, antes tiña moitos erros pero xa os corrixiron. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 15:57 (UTC)[responder]
De nada, e non sei viches a miña mensaxe sobre o detector. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 16:00 (UTC)[responder]
Non entendo a que te refires con "pero non ten moita ciencia activalo." Que non ten utilidade? Ou que é fácil activalo? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 16:08 (UTC)[responder]

Aclaración "(homónimos)"[editar a fonte]

Nas páxinas e homónimos non é necesario empregar a aclaración "(homónimos)" se non é necesario, por exemplo, estando libre Margarida de Escocia), non é necesario usar Margarida de Escocia (homónimos)
Tamén poderías engadir os interwikis cando creas unha páxina, como na anterior.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15 de febreiro de 2013 ás 09:36 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:20 (UTC)[responder]

RE:Revolución de 1848[editar a fonte]

Desculpa se che causei un conflito de edición, por certo, movín a páxina a Revolución francesa de 1848. Saúdos! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 15:00 (UTC)[responder]

Son dúas cousas distintas, a revolución francesa é exclusiva de Francia (poderíase retirar o apartado de A revolución no resto de Europa) e A Primavera dos Pobos deuse por boa parte de Europa, ambos acontecementos teñen importancia máis que de sobra para permanecer como artigos individuais na Galipedia. Porén quizais é certo que o artigo das revolucións se centra un pouco máis en Francia que no resto dos países, se te animas a amplialo con máis información, adiante! Un saúdo! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 15:14 (UTC)[responder]
Realmente a maioría do artigo fala das distintas revolucións, só no último parágrafo fala exclusivamente de Francia, isto probablemente se deba a que sexa unha tradución incompleta doutra Wikipedia, e polo tanto, falten por recoller as partes do artigo das revolucións noutro países, pero como xa che dixen antes, se te animas a facelo, non o dubides. Un saúdo! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 15:28 (UTC)[responder]

Ola Amperio, para as cidades no se utilizan parénteses, senón comas, polo que tés que trasladar o artigo que creaches a Duluth, Xeorxia, ademais estaría ben que neste e noutros artigos que creaches inclúas o modelo de cidades. Saúdos. --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 14:27 (UTC)[responder]

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, AMPERIO! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:18 (UTC)[responder]

Ligar bandeira[editar a fonte]

O modelo toma o nome do valor de "|nomept =" e engádelle "[[Bandeira de", facendo: "Bandeira de nomept".

Agora mesmo o valor de "nomept" é "Estado de Xeorxia", así que a ligazón que fai é: Bandeira de Estado de Xeorxia.

Se queres facer o artigo explicativo da bandeira, o título "Bandeira de Estado de Xeorxia" non parece moi axeitado, así que, a solución que se me ocorre (sen ter que meter man no modelo:Estado EUA) é que fagas o artigo co título correcto e despois fagas unha redirección dende Bandeira de Estado de Xeorxia cara a el.

Saudiños. --. HombreDHojalata.conversa 5 de novembro de 2013 ás 18:41 (UTC)[responder]

Xeorxia, Estados Unidos[editar a fonte]

Pois síntoo, pero non teño idea de como amañalo. Eu non controlo moito o uso deses modelos. A vr se algún outro dos administradores pode axudarche. Saúdos. --Xas (conversa) 5 de novembro de 2013 ás 18:52 (UTC)[responder]

RE: Votación[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Vin a túa proposta, teño que ler o artigo, mais non son moi experto na materia e o único que podo facer é comparar co homónimo da wiki en inglés. O que me "asusta" do noso artigo é que é moito menos pesado que o da wiki en inglés (que supoño que será o de referencia), por eso contactei con Usuario:JaviP96, que controla de temas de historia e supoño que poderá propor máis melloras sobre o contido se fora preciso e mesmo amplialo. Por min a proposta está ben e penso que sería moi positivo que saíra (especialmente por restar un pouco de galicentrismo e eurocentrismo que hai nos artigos de calidade a excepción dos de ciencia), espero ir lendo o artigo nos vindeiros días. Sobre o de retirar a proposta, eu non o faría, explícome: eu retirei dúas propostas, a primeira foi unha proposta dun artigo propio (Lista das óperas máis importantes) e a retirei porque eso non estaba permitido; sobre a proposta da que falas (SIDA), fíxena sen ler por completo o artigo para que puideramos chegar aos 20 artigos de calidade a final de ano, vendo o comentario de HombreDHojalata decidín retirala... nos dous casos aleguei incumprimento das normas de votación (autoproposta non permitida daquela, e non ler o artigo, respectivamente) e nunca porque non houbera participación, de feito na votación que abrín para que Leonardo da Vinci fora elixido non votou ninguén... sonche así as cousas, desanima que artigos ben interesantes universalmente non xeren interese e artigos menos relevantes pero relacionados con Galiza si o fagan, mais penso que se pode invertir esta tendencia, o único que podo facer é animarte a que sigas propoñendo artigos para calidade, eu na medida das miñas posibilidades tentarei aportar cousas para que as votacións saian adiante. Unha aperta!! Piquito (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]

Se non me engaño, na votación nos cambios das políticas para elixir os artigos de calidade creo que se permitiron as autopropostas, así que en calquer caso non terías problema por propoñer un artigo propio, de todos xeitos o mellor sería que llo preguntaras a un administrador (eu non seguín a votación demasiado, parecía que se permitirían pero non sei se ao final cambiou algo -non creo-). Saúdos!! Piquito (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 16:42 (UTC)[responder]

Ten un "cómpre referencia"[editar a fonte]

É unha categorización automática por ter un Modelo:Cómpre referencia na primeira liña do apartado 1.1 Causas da secesión. . HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]

Púxollo Cheluco, fai tres anos: [6] . HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2013 ás 12:01 (UTC)[responder]

recoñecemento[editar a fonte]

Ola, Amperio! Por favor, lembra que ao creares un artigo é moi importante indicar a procedencia da información, xa sexa no resumo da edición ou ben na páxina de conversa do artigo. No caso de ser unha tradución, podes mencionalo como "traducido de en:(nome do artigo na wikipedia de orixe)", por exemplo. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de novembro de 2013 ás 16:27 (UTC)[responder]

Ola Amperio; na Galipedia no canto de "anexos" adoitan usarse "listas" (Categoría:Listas), pero creo que fixeches ben adaptando o contido en formato artigo, coa correspondente introdución explicativa, no canto de nunha mera lista. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de novembro de 2013 ás 20:49 (UTC)[responder]

Modelo:Condado de Alba[editar a fonte]

Pois eu o vexo ben. E o probei con dous equipos e catro navegadores distintos.

Proba ti a mudar de equipo e/ou navegador, a ver se o segues vendo mal. . HombreDHojalata.conversa 25 de novembro de 2013 ás 18:02 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola AMPERIO. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de novembro de 2013 ás 23:02 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola AMPERIO.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 26 de novembro de 2013 ás 20:12 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:56 (UTC)[responder]