Conversa usuario:Lmbuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Índice

[editar] proposta para imaxe da semana

Boas Lmbuga ! Andaba para volver propór unha imaxe de Santiago e dei coa tua proposta que esqueciches colocar no seu lugar para as votacións. Non sei si che vai gustar, pero aproveito para decirche que xa estou convencida que na Portada as imaxes teñen que ter bastante calidade technica. Para educar o ollo, botóo de vez en cando na Guía de imaxes de calidade, a escape. Por unha banda, aprendo mui de vagar, e por outra banda ista guía vaia polo que espresa na cabeceira, é decir axuda para tirar as fotos, e iso trabuqueame un pouco, son de ollar as fotos, non de tiralas. Con todo axudame algo, penso eu. Si che molestei, tes que esqecelo, sabes que non é intención miña. Saúdos --Elvira (fálame) 23:58, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Penso que entendo ben todo o que me dis e xa sabes que non vou levar conversa en todos puntos por ben interesantes que me parecen e polas ganas que sempre teño de conversar. Eu metome no asunto das imaxes porque case non é traballo para mín (no sentido que me gusta e que non me come tempo xa que non necesito disponibilidade mental para concentrarme - o que é o caso para outras tarefas que tamén me gustan moito) e penso adiantar un pouco as cousas. Temos tres ferramentas Guía de imaxes de calidade, Política de uso de imaxes e Taberna para falar das imaxes que xa é moito para acadar calidade ; e nas que ti eres un dos actores de primer plan. Ninguén duda da necesidade de ter calidade na Portada, metendo dentro as imaxes. Iso non pode supoñer que academos a ter imaxes de fotógrafos profesionais (agás casos iliados), xa que teñen que vendelas para vivir. Temos unha realidade de 52 semanas no ano. O proxecto ten que seguir o seu rumbo coa comunidade tal como é, composta por usuarios mui diferentes e cada un tan importante coma outro por ben diferente que sexa na sua cantidade, calidade e xeito de colaborar, tanto que non impón o seu punto de vista e que non xoga co sistema. Polo de momento vamos pola cantidade co reto dos 100 000 artigos. Ti e eu temos un enfoque diferente para cavilar o futuro e iso é mui boa cousa. Esta mensaxe non é para que levemos un debate entre nos aqui; todo o que desexo é que cando volten momentos para obrar na mellora das imaxes estes a gusto para estar presente coas calidades e competencias que tes. Sen mais que contarche, agás felicitarche polas imaxes que andas a subir en commons, e en particular as de Celanova e contornos que me emocionaron moito. Saúdos Lmbuga --Elvira (fálame) 00:23, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
Moitas grazas pola túa mensaxe de hoxe. Unha aperta --Elvira (fálame) 15:29, 17 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Saúdos

Ola Lmbuga. Vin que andabas por aquí e quería aproveitar para saudarte. Mirei o historial e xa pasaron máis de dous anos desde que falamos por última vez. Ao cabo de todos estes anos a cantidade e calidade das imaxes que levas cargadas na Galipedia e en Commons é impresionante, poida que nunca esteamos suficientemente agradecidos do que tes feito por estes proxectos. Espero que todo vaia ben e ata outra. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:44, 22 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Imaxes do Porriño

Sería moi interesante subir esas imaxes da Galipedia para Wikimedia Commons. A cal xa existe en Galipedia e no Commons, non precisa subir alá. E a cal non existe no Commons, podes subir alá. http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Imaxes_do_Porri%C3%B1o. Boa sorte. Eduardo P (conversa) 18:18, 16 de marzo de 2012 (UTC)

Podes ensinarme como fago para subir as imaxes no Commons? Sen preocuparme se as imaxes foren borradas. E cal licenza podo usar. Grazas pola atención. Eduardo P (conversa) 18:15, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Estas imaxes non teñen no Commons. Eduardo P (conversa) 18:18, 17 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Re:Propor imaxes propias

Boas Lmbuga ! Eu, xa o sabes, por si e en xeral estou dacordo que poidan proporse imaxes propias para calquer destaco e polo tanto para imaxe da semana. Non é por iso que penso automaticamente que é boa cousa para a convivencia dunha comunidade fazer propostas de mudanza en calquer momento e sen presentar o beneficio (para comunidade) que vai levar a mudanza. Xa fai moitos anos que iso non se fai na Galipedia. Penso cas mudanzas de funcionamento hai que preparalas con debate para obter un consenso, e preparalas cando se pensase co debate vai ser productivo no funcionamento (e pode ser productivo inda ca proposta da mudanza este recheitada se o dabate é de calidade). Vou cavilar para ir comentar a tua proposta de debate na Taberna. Unha aperta --Elvira (Conversa comigo) 10:33, 26 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Proposta da imaxe do mosqueteiro

Boas Lmbuga, perdoa por meter a zoca na proposta da imaxe, na páxina de descrición de Commons aparece como usuario o bot, non mirei máis. Realmente pensaba que cando a imaxe a cargaba o bot se non saía o usuario era porque non llo metera, tiña a idea de que cando se cargan esas imaxes con bot se o usuario pon o seu nome na páxina da solicitude é cando se mostra na páxina de Commons e no resto dos casos se perdía. Amañei a proposta e pídoche de novo desculpas polo meu erro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:17, 26 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Hai outro mini-proxecto sobre imaxes que ó mellor tamén che pode interesar, a información está nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:33, 26 de maio de 2012 (UTC)

Pois precisamente estes días pasáronme unha foto da casa do concello de Pontecesures en Flickr :), pero aínda hai moitas cousas que fotografar dese concello así que non hai problema. Outra cousa, decateime hoxe que te apuntaches a fotografar o concello de Gomesende e preguntas que fotos hai pendentes. Pois a parte da casa do concello, como non hai ningunha imaxe dese sitio o que estaría ben sería ter algunhas fotos dos monumentos máis importantes, pero habería que facer unha lista ou algo, se teño tempo miro o que hai por alí. Logo tamén temos a Categoría:Parroquias de Gomesende sen imaxes e resulta que están sen imaxe as 6 que ten. E o que esté a man tamén virá ben! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:31, 29 de maio de 2012 (UTC)
Aquí non temos présa, cando che vaia ben a ti será o mellor momento para a Galipedia :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:40, 29 de maio de 2012 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas