Conversa usuario:Vivaelcelta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Vivaelcelta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Para asinar usa este botón.png
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 11:56, 1 novembro 2008 (UTC).

Índice

[editar] Os Tonechos

Ola Vivaelcelta. Por desgraza a imaxe dos Tonechos que tentas cargar ten copyright, e este tipode imaxes non poden participar do proxecto wikipedia. Para saber máis sobre imaxes podes ler: Wikipedia:Política de uso de imaxes e Wikipedia:Copyrights. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:50, 5 novembro 2008 (UTC)

[editar] Categorías

Ola, Vivaelcelta. Engadícheslle a categoría Televisión a Tele5. A norma é empregar só a categoría máis pequena posible. Como xa está na categoría Cadeas de televisión, e esta á súa vez está dentro de Televisión, non é necesario volvela poñer. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 15:03, 26 novembro 2008 (UTC)

[editar] Traducións

Ola Vivaelcelta! Revertín a túa tradución do artigo Telecinco da wikipedia hispanófona por varias razóns:

  • Eliminaches o artigo de telecinco de noso, que mal ou ben foi o que creou a nosa comunidade.
  • A tradución era bastante mala, con cantidade de erros probablemente provocados por un tradutor automático. Había ademais partes en castelán.
  • A información collida do artigo da wiki española estaba sen peneirar: información irrelevante ou de actualidade, unha lista exhaustiva de programa, que é innecesaria nun artigo enciclopédico xa que, por unha banda é complicado manter actualizada a información cada vez que se retira ou emite un programa, e ademais para iso xa está a propia web de Telecinco, que se lista nas ligazóns externas.
  • O artigo mantiña unha estrutura da wikipedia española, que non corresponde coa nosa, xa que son wikis diferentes e non é unha a tradución da outra. Dese xeito, había modelos inexistentes aquí, ou ligazóns internas a Anexos, que tampouco non existen, etc. Iso foi o que me levou a reverte-la túa edición. É mellor seleccionar ben a información que se engade, a ser posible referenciándoa, e que sexa enciclopédica. Ah, e claro, en galego. Para tódala axuda que precises non dubides en preguntarme, estou para axudar. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:13, 26 novembro 2008 (UTC)


[editar] Telecinco

Ei, revisa o artigo Telecinco antes de seguires con outros artigos. Tes bastantes erros.--Hugo22 00:31, 29 novembro 2008 (UTC)

Ola, Vivaelcelta, que tal? Aínda que facer traducións é moi necesario, non é a única forma de facer un artigo. Non son iguais a wikipedia galega,a española e a inglesa, non teñen os mesmos modelos, nin as mesmas estruturas, e sobre todo os lectores non son os mesmos, polo que os contidos deben nalgúns casos ser distintos. O usuario Alberte eliminou uns cambios que fixeches no artigo de Telecinco e explicouche as razóns. Ti volviches facelos xa por dúas veces, e en ningún caso lle explicaches por que. A wikipedia é unha enciclopedia colaborativa, onde todo o mundo edita todo o mundo. Falando e debatendo conséguense artigos mellores. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 06:51, 29 novembro 2008 (UTC)

[editar] Fotos

A que fotos te refires? Saúdos. --Xas (conversa) 20:15, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xustamente por iso te preguntaba, porque me estañou o que me dicías: Se miras ben, verás que esas imaxes e as outras que vou cargando na Galipedia proceden de Commons, a onde as subín previamente desde Flickr. Fíxate que todas poñen: Este ficheiro é de Wikimedia Commons e pode ser usado por outros proxectos. A descrición da páxina de descrición do ficheiro móstrase a continuación. Por exemplo: [1] Saúdos. --Xas (conversa) 17:26, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

[editar] Cores

Hola Vivaelcelta pidemes axuda para o codigo de cores, supoño que sera en HTML si é asi mira aqui es:Colores HTML --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 14:01, 20 de maio de 2011 (UTC)

[editar] De O Rosal

Respóndocho eu ao que lle preguntas a Estevo. Na galipedia, por norma, non redireccionamos sobre erros. Non se di nin se escribe de A Coruña, en O Rosal etc, e polo tanto Elección en O Rosal está mal e non pode ir como redirección. Municipais no Grove, no Rosal, na Rúa, na Coruña é a única forma correcta. Malia que os políticos teñn o nivel que teñen e a ousadía ou o deslexio de poñer concello de O Pino e outras lindezas, a única forma válida e galega sería do Pino, da Braña e similares. Un saúdo e a seguir traballando. --Atobar (conversa comigo) 18:52, 25 de maio de 2011 (UTC)

[editar] Cometín un erro

Perdón, penso que interpretei mal a páxina Modelo:Contribucións usuario e movina indebidamente cara a Usuario:Vivaelcelta/Modelo:Contribucións usuario.

Xa solicitei ós administradores que desfixeran as miñas accións e o deixaran coma estaba?

Desculpa as molestias--. HombreDHojalata.conversa 19:51, 25 de maio de 2011 (UTC)

Xa arranxei o erro de HombreDHojalata. Iso si: modifiquei o nome orixinal e agora o modelo é {{Contribucións de usuario}}. Lembra corrixir as inclusións do modelo. --Toliño Fala aquí comigo 14:37, 26 de maio de 2011 (UTC)

[editar] RE:Eleccións municipais de 1979

Pois aquí tes unha: lainformacion.com. Espero que te sexa útil. Saúdos. --Xas (conversa) 21:25, 22 de outubro de 2011 (UTC)

Desculpa, pero acabo de caer en que nesta páxina non hai resultados das eleccións de 1979. A verdade é que non sei de ningunha que teña eses datos. Saúdos de novo. --Xas (conversa) 21:28, 22 de outubro de 2011 (UTC)

[editar] Modelos

O noso equivalente de es:Plantilla:Usuario é Modelo:Datahora. Do outro non temos.

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 16:41, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Boeno, parece que xa está todo, ¿non?. Así da gusto :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:39, 3 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] Caché

É cousa de refrescar a caché, non te preocupes. --. HombreDHojalata.conversa 18:19, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Despois de gardar, cómpre limpar a memoria caché do navegador para ver os cambios:
Firefox / Safari: preme Maiúsculas á vez que en Recargar, ou preme en Ctrl-F5 ou Ctrl-R (Command-R nos Mac)
Google Chrome: preme en Ctrl-Shift-R (Command-Shift-R nos Mac)
Internet Explorer: preme Ctrl ao tempo que fas clic en Refrescar, ou preme en Ctrl-F5
Konqueror: preme en Recargar ou preme en F5
Opera: limpa a túa memoria caché en Ferramentas → Preferencias
--. HombreDHojalata.conversa 18:22, 1 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] Corrector ortográfico

Non o sei moi ben. No artigo en castelán ven explicado un chisco diferente, non sei se o viches. Eu non prestei moita atención a este corrector porque prefiro o corrector de galego do Proxecto Trasno.

Iso do que falas ven nas opción avanzadas. Coido que non é preciso para que funcione.

De todas formas creo que o que di é que tes que meter na páxina Usuario:Vivaelcelta/monobook.js ou Usuario:Vivaelcelta/vector.js, segundo a aparencia que empregues, o texto var DontAutorunRP = true;

É mellor que expoñas a dúbida (esta e outras que poidas ter) na Taberna, así varios usuarios colaboraremos en darche unha mellor resposta. --. HombreDHojalata.conversa 17:54, 3 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] RE: Detector de homónimos

Feito! Feito! Xa tes creado o script para o detector de homónimos: MediaWiki:Gadget-DetectorHomonimos.js. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:28, 3 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] Modelo:Usuario Firefox2

Vexo que fixeches outro modelo cando xa esistia un Modelo:Usuario Firefox, penso que, si non che cumpria as espectativas, podias editar as modificacións pertinentes e ter un soo modelo. Non che parece?. Un saudo e nora boa polo traballo que estas a facer. Eu estou usando o modelo antigo na miña páxina.--Alfonso mande 16:12, 6 de novembro de 2011 (UTC)

Penso que se hai algo que mellorar é mellor facelo sobre o que xa hai que facer un novo. Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 17:14, 6 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] RE: translatewiki.net

Non é unha ciencia exacta, depende de cando cadre que actualizan as mensaxes. Pode ser que vexas os cambios efectivos no mesmo día ou que haxa que agardar varios días. Normalmente non han tardar máis dunha semana. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:41, 14 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] Revisor ortográfico

Boas Vivaelcelta!. Non sei se te decataches do aviso da taberna, cambiamos o nome á ferramenta do corrector ortográfico a revisor ortográfico que é máis axeitado, e por ese cambio agora hai que voltar a activala nas preferencias. Que non se che pase! ;), e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 10:34, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

He, he, iso terás que dicirllo ó técnico que eu non chego a tanto! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:35, 25 de febreiro de 2012 (UTC)
Agora xa aparecen en "Navegación". Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:05, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Casas de concellos

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Oia, A Guarda e Tomiño son limítrofes co Rosal..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina por se tes algunha foto deles de casualidade. Boeno, un saúdo e a ver se nos vemos nalgún galencontro :), --Elisardojm (conversa) 10:53, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Moi ben, cando che cadre de pasar por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:35, 25 de febreiro de 2012 (UTC)
Os galencontros son nas cidades que vaian indo mellor á xente, os últimos caeron en Pontevedra, Lugo, e Santiago, o próximo xa veremos onde cadra :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:02, 26 de febreiro de 2012 (UTC)
Boas, mira as imaxes destes concellos xa están feitas así que xa podes esquecerte desta petición :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:03, 2 de abril de 2012 (UTC)
Pero se tes xa algunha imaxe súbea igual que sempre está ben ter varios puntos de vista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:02, 2 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Erros!?

Ola.

De onde tiras esta lista?

Engadiches como erros cousas que non o son, por exemplo "estes" que propós substituír por "estés", ou "equipamento" que propós substituír por "equipamiento". --. HombreDHojalata.conversa 19:02, 31 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Eleccións municipais no Rosal

Ola Vivaelcelta. Retirei dos modelos {{O Rosal 2003}}, {{O Rosal 2007}} e {{O Rosal 2011}} as táboas cos datos dos votos de cada partido, debido ao deseño do sistema de gráficos eses datos non teñen que estar aí. Paseinos á propia páxina Eleccións municipais no Rosal. Tamén retirei as cores de fondo de cada unha das celas porque dificultaban a lectura e mudei o ancho para poder aproveitar mellor o espazo dispoñible na páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:08, 4 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Wikipedia:Caixas de usuario

Ola Vivaelcelta. Antes de continuar facendo caixas de usuario é mellor que leas Wikipedia:Caixas de usuario para coñecer as directrices na Galipedia en canto á creación e uso das caixas de usuario. Un cordial saúdo.--Prevertgl 21:29, 4 de abril de 2012 (UTC)

No seu momento o tema das caixas de usuario foi debatido para atopar unha solución que evítase os problemas que provocaron noutros wikis. Neste proxecto prefírese en todos os aspectos procurar elementos de unión e evitar todo aquilo que supoña potenciar as crenzas, gustos, ideoloxía,... propias. Todo iso faise para beneficiar o traballo colectivo fronte ás diferenzas individuais, somos poucos e necesitamos o esforzo de cada un dos usuarios para mellorar. Outras cuestións a evitar coa proliferación de caixas de usuario teñen que ver con aspectos que están máis relacionados coas redes sociais doutro tipo que cunha enciclopedia. As caixas de usuario tamén poden supoñer un conflito de intereses e unha incompatibilidade na edición de determinados artigos (evidentemente se a incompatibilidade existe non desaparece porque exista ou non a caixa de usuario, o problema é que se fai bandeira da incompatibilidade sen asumir as limitacións que supón). Tamén cómpre pensar sobre o que significa a unha enciclopedia e o esforzo por tentar crear coñecemento. Por poñer un exemplo con algunha das caixas que créaches, nunha situación como a descrita antes e nun contexto no que as cores teñen unhas connotacións determinados habería que pensar se teñen sentido as caixas {{Usuario home}} e {{Usuaria muller}}, se están transmitindo estereotipos e se iso é compatible cos obxectivos deste proxecto. Noutros wikis non teñen esas prevencións respecto ás caixas de usuario pero iso non é aplicable aquí, neses proxectos algúns colaboradores usan as caixas de usuario como elemento de reafirmación de si mesmos, aquí preferiuse ir por outra vía. Por iso aproubouse a política recollida en Wikipedia:Caixas de usuario, de acordo co exposto nesa política marquei {{Usuario problemas do mundo}} para a súa eliminación rápida porque independentmente do que pensemos cada un de nós sobre o tema a Galipedia non é un lugar axeitado para promocionar o noso xeito de ver o mundo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:33, 5 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Varón

Ola! Eliminei a redirección que creaches desde 'varón' a 'home', posto que en galego non ten ese significado. Un 'varón' é unha 'vara grande'. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:18, 6 de abril de 2012 (UTC)

Perdón, trabuqueime; volvín crear a redirección; saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:21, 6 de abril de 2012 (UTC)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas