LibreOffice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LibreOffice logo.svg
  LibreOffice
LibreOffice 3.6.3 en galego.png
Pantalla inicial de LibreOffice 3.6.3 en galego
Desenvolvedor: The Document Foundation en asociación coa comunidade
Última versión: 4.3.0 (30 de xullo de 2014; hai 4 meses (2014-07-30))
Sistema operativo: Microsoft Windows, Mac OS X, GNU/Linux
Xénero: Suite ofimática
Licenza: GNU LGPL v3
En galego: Yes check.svg
Sitio web: gl.libreoffice.org
LibreOffice 3.5 en galego

LibreOffice é unha suite ofimática de código aberto e de balde desenvolvida por The Document Foundation como unha bifurcación de OpenOffice.org, a súa orixe remóntase ao 28 de setembro de 2010 cando un grupo de membros da comunidade de desenvolvemento do proxecto OpenOffice.org formaron The Document Foundation (TDF), co obxectivo de coordinar e desenvolver unha bifurcación do produto de software Oracle Open Office (OOO), logo de que Oracle tras mercar Sun decidira pór fin á súa participación no desenvolvemento de OpenOffice.org.

The Document Foundation obtivo o apoio maioritario da comunidade de desenvolvedores independentes de OpenOffice.org, e tamén de diversas empresas (Canonical, Novell, Red Hat, etc.) co obxectivo de producir unha suite ofimática independente de calquera empresa, baseada no formato estándar e aberto ODF e sen a obriga de ceder a autoría do código a Oracle. Oracle, o mesmo que antes Sun impuxo que a autoría do código se lle asigne a Oracle mediante a sinatura dun acordo de contribución. LibreOffice pretendía ser un nome temporal en tanto se esperaba a decisión definitiva sobre a marca «OpenOffice» que a comunidade de OpenOffice.org contribuira a crear durante toda unha década. Máis recentemente, e en virtude do que lle permiten estes acordos, Sun cedeu os dereitos de explotación do código de OpenOffice.org á Fundación Apache, e pechou o proxecto OpenOffice.org. Baixo os auspicios desta meritoria fundación Apache, está actualmente en fase de incubación unha nova bifurcación ou derivado do antigo proxecto OOo que fusiona o código base de OOo e o da antiga derivada Symphony,propiedade de IBM; este novo proxecto chamarase Apache Open Office (AOO).

Deste xeito, tanto LibreOffice como Apache OpenOffice son os proxectos continuadores do antigo proxecto OpenOffice.org. Respecto das extensións ou da documentación, estas non formaron parte nunca dos acordos de colaboración no Proxecto OpenOffice.org e, por tanto, teñen historia e e concreción diferentes en cada caso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]