Circuíto das Américas
| Circuíto das Américas | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | FIA Fórmula Un Gran Premio dos Estados Unidos (desde 2012) FIM Campionato do Mundo de Motociclismo Gran Premio de Texas de Motociclismo (desde 2013) FIA World Endurance Championship 6 Horas de Austin (desde 2013) V8 Supercars Texas 400 (desde 2013) American Le Mans Series (desde 2013) Rolex Sports Car Series (desde 2013) |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´513 km |
| Curvas | 20 |
| Volta rápida (2012) | |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | |
| Coordenadas | 30°7′58″N 97°38′28″W / 30.13278°N 97.64111°W |
| Vista do Circuíto | |
O Circuíto das Américas é un circuíto de 5´513 km. de preto de Austin. Nel celebrouse o Gran Premio dos Estados Unidos de F1 o 18 de novembro de 2012, a penúltima proba da tempada de 2012.
O circuíto tamén será a sede do Gran Premio de Texas de Motociclismo,[1] unha carreira do Campionato do Mundo de Motociclismo, comunmente coñecida como MotoGP, ademais das series australianas de V8 Supercars,[2] o FIA World Endurance Championship,[3] as American Le Mans Series,[4] e as Rolex Sports Car Series,[5] todas farán o seu debut no circuíto en 2013.
O circuíto foi o primeiro nos Estados Unidos en ser construído especificamente para a Fórmula Un. O deseño foi concibido polo promotor Tavo Hellmund e o Campión do Mundo de Motocilismo de 1993 Kevin Schwantz[6], coa axuda do arquitecto e deseñador de circuítos o alemán Hermann Tilke, que tamén deseñou os circuítos de Sepang, Xangai, Yas Marina, Istambul, Bahrain, Yeongam, e Buddh, así como o redeseño de Hockenheimring e Fuji Speedway. A estrutura da observación, anfiteatro, gran praza, e as tribunas principais foron deseñados pola firma de arquitectura Arquitectos Miró Rivera.
Índice |
Circuíto [editar]
Nun episodio de Wind Tunnel programa emitido por Speed TV o 22 de agosto de 2010, Tavo Hellmund revelou que o circuíto de 5´5 km. de longo componse de vinte curvas cun cambio de elevación de 41 m. O circuíto, mostra un deseño inspirado na tradición europea. O deseño baséase en varios circuítos de Fórmula 1 Europeos, incluíndo unha recreación da secuencia Maggotts-Becketts-Chapel de Silverstone, as curvas de area de Hockenheim, e unha réplica da curva oito de Istambul[7] Outras curvas foron inspiradas libremente nas 'S' de Senna de Interlagos e a Sebring-Auspuffkurve de Österreichring. O aforamento do circuíto estímase en cen mil persoas co uso das instalacións de asentos permanentes e temporais.[8] Unha das características do circuíto é unha ampliación deliberada das curvas do circuíto, para animar aos pilotos a seguir distintos trazados.[9] Unha función similar utilizouse no Circuíto Internacional de Buddh de India, onde se ensancha o circuíto na aproximación a certas curvas.
O circuíto será un dos poucos no calendario 2012 que se corre en sentido contrario, sendo os outros Marina Bay, o Circuíto Internacional de Corea, Yas Marina e Interlagos. Debido a isto, o circuíto contén máis curvas á esquerda que a dereita, e pora máis esixencias físicas aos pilotod, especialmente no pescozo.
Desde a liña de saída, os coches soben á primeira curva, o punto máis alto do circuíto, co vértice da curva situada na cima do outeiro. Descenden outeiro abaixo para trazar unha serie de curvas rápidas inspiradas nas curvas Maggotts-Becketts-Chapel de Silverstone e nunha curva cega na curva 10, levándoos ao extremo máis afastado do circuíto e a unha pinza na curva 11. Os coches logo toman unha recta de 1 km. cara á zona dos talleres e do paddock antes de entrar no sector final da volta e entrelazando unha serie de curvas inspiradas na sección do estadio de Hockenheim. Seguido por unha costa abaixo, unha curva con vértice multiple antes das dúas últimas curvas do circuíto, un par de curvas a man esquerda que devolven os coches á recta principal.
Palmarés [editar]
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto das Américas [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2012 | h | 5´513 km | 56 | km/h | 18. Novembro |
Notas [editar]
- ↑ "MotoGP to race in Texas in 2013 at the Circuit of The Americas". MotoGP.com (Dorna Sports). 3 October 2012. http://www.motogp.com/en/news/2012/COTA+race+date+anouncement+for+2013. Consultado o 3 October 2012.
- ↑ "Official: V8 Supercars Coming to Austin in 2013". autoblog.com (AOL Autos). June 30, 2011. http://www.autoblog.com/2011/06/30/v8-supercar-series-coming-to-austin-in-2013. Consultado o June 30, 2011.
- ↑ Dagys, John (28 September 2012). "LE MANS: 2013 WEC Schedule Release". SpeedTV.com. Speed Channel. http://auto-racing.speedtv.com/article/le-mans-2013-wec-schedule-released/. Consultado o 28 September 2013.
- ↑ "ALMS: Series to Race at COTA in 2013". speedtv.com (SPEED). June 1, 2012. http://auto-racing.speedtv.com/article/alms-series-to-race-at-cota-in-2013/. Consultado o June 1, 2012.
- ↑ "GRAND-AM: 12-Race 2013 Rolex Series Calendar Revealed". SpeedTV.com. Speed Channel. 28 September 2012. http://auto-racing.speedtv.com/article/grand-am-12-race-2013-rolex-series-calendar-revealed/. Consultado o 28 September 2012.
- ↑ Maher, John (23 April 2012). "Turn for turn, Austin track's design, layout should look familiar to F1 drivers". Austin-American Statesman. http://www.statesman.com/sports/formula1/turn-for-turn-austin-tracks-design-layout-should-2321735.html?viewAsSinglePage=true. Consultado o 23 April 2012.
- ↑ "Austin circuit layout revealed". formula1.com (Formula One Administration). September 1, 2010. http://www.formula1.com/news/headlines/2010/9/11198.html. Consultado o September 1, 2010.
- ↑ Halbuer, Andreas (July 27, 2010). "F1 course designer Tilke ready to start work on Austin track". Austin American Statesman. http://www.statesman.com/sports/formula1/f1-course-designer-tilke-ready-to-start-work-846462.html. Consultado o August 14, 2010.
- ↑ Sutton, Mark (June 20, 2011). "F1 Texan style". ESPN F1 (ESPN Emea Ltd.). http://en.espnf1.com/f1/motorsport/story/52061.html. Consultado o June 22, 2011.