Grand Theft Auto: San Andreas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grand Theft Auto: San Andreas (abreviado como GTA: SA),é a quinta entrega da serie de aventura e acción Grand Theft Auto creada por Rockstar Games. É o terceiro xogo da saga baseado no motor de Grand Theft Auto 3.

Argumento [editar]

O xogo desenvólvese no estado ficticio de San Andreas esta baseado no estado de California e Nevada, no ano 1992. O protagonista desta entrega é Carl "CJ" Johnson .

Rexións do Estado de San Andreas [editar]

O estado de San Andreas ten tres rexións, as cales están conformadas por unha gran cidade e as aforas de cada unha. Tamén teñen cadansúas tendas e curiosidades. Os ximnasios das diferentes cidades ensinarán a CJ novas habilidades. Na orde da historia, CJ pasa por:

Los Santos, Campo, San Fierro, Desierto e Las Venturas.