Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louder Than Love é o segundo álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editado o 5 de setembro de 1989 a través do selo A&M Records. Despois da xira de promoción do seu álbum de estrea, Ultramega OK (1988), Soundgarden asinou un contrato con A&M e comezou a traballar neste disco. As cancións do álbum contan cun son grunge con tendéncia cara o metal con algúns compases pouco ortodoxos.
Debido ás letras dalgúns temas o álbum levou na súa capa a pegatina "Parental Advisory". Louder Than Love converteuse no primeiro disco da banda en entrar na lista Billboard 200, acadando o posto 108 en marzo de 1990[1]. Soundgarden promocionou o álbum con xiras por Norteamérica e Europa, e este foi o seu derradeiro traballo co baixista orixinal, Hiro Yamamoto.
Listaxe de cancións [editar]
- "Ugly Truth" - 5:26
- "Hands All Over" - 6:00
- "Gun" - 4:42
- "Power Trip" - 4:09
- "Get on the Snake" - 3:44
- "Full on Kevin's Mom" - 3:37
- "Loud Love" - 4:57
- "I Awake" - 4:21
- "No Wrong No Right" - 4:47
- "Uncovered" - 4:30
- "Big Dumb Sex" - 4:11
- "Full On (Reprise)" - 2:42
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Recompilatorios |
|
|
| Álbums ao vivo |
|
|
| Sinxelos |
|
|