Sub Pop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sub Pop Records
Fundado en1986
FundadorBruce Pavitt, Jonathan Poneman
Estadoactiva
DistribuidorasAlternative Distribution Alliance
Xénero(s)rock alternativo, grunge, punk rock
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónSeattle, Washington
subpop.com

Sub Pop Records é un selo discográfico independente de Seattle, Washington, fundado no ano 1986 por Bruce Pavitt e Jonathan Poneman. Sub Pop fíxose famosa a principios dos anos 90 por ter a bandas como Nirvana, Soundgarden, Mudhoney, artistas centrais no movemento grunge,[1] polo que a miúdo fálase dela por dar os primeiros pasos para a popularización deste xénero.

Historia[editar | editar a fonte]

Sub Pop foi fundada por Bruce Pavitt en Olympia, Washington en 1979 como un fanzine chamado Subterranean Pop. Inspirado polo fanzine Fast Forward, Sub Pop comezou a alternar as súas publicacións con casetes recompilatorios de bandas estadounidenses (aínda que tamén apareceron varias bandas estranxeiras). Houbo nove publicacións de Sub Pop en total: seis fanzines e tres casetes (números 5, 7, e 9). Despois do número 9, Sub Pop cambiou a un formato só de casete, pero o proxecto foi abandonado pola cantidade de traballo que requiría para seguir. Continuaría como unha columna no xornal de Seattle The Rocket durante anos.

En 1986, Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop, o recompilatorio Sub Pop 100. En 1987, Sub Pop editou o EP Dry as a Bone de Green River, e pouco despois, ese mesmo ano, Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman.

Kim Thayil de Soundgarden presentoulle a Pavitt a Jonathan Poneman e os dous decidiron formar un selo discográfico en 1986. Despois de que varias bandas da escena local asinasen polo selo, Pavitt e Poneman traballaron para popularizar a música que fixo famoso o seu selo.

O seu primeiro paso foi o Sub Pop Singles Club, un servizo de subscrición que permitiu aos seus subscritores recibir sinxelos de bandas locais mensualmente por correo. Isto permitíulle á Sub Pop converterse nunha compañía forte na escena local, e o seu nome era sinónimo da música da area de Seattle, do mesmo xeito que a Motown Records o era de Detroit. A súa primeira edición do Singles Club foi o sinxelo de Nirvana "Love Buzz/Big Cheese", en novembro de 1988. O Singles Club rematou cinco anos despois e relanzouse en 1998 durando ata 2002.

Para aumentar a popularidade do grunge, Pavitt e Poneman trouxeron a un xornalista da revista británica Melody Maker para escribir un artigo da escena musical local.

Aínda que a Sub Pop foi importante na popularización do grunge, algúns fans criticaron a Pavitt e a Poneman polas súas accións. Eses fans sentían que o seu rol na popularización do grunge estaba motivada máis por avaricia que por amor á música. Despois de que moitas exitosas bandas de grunge deixasen a Sub Pop tras asinar con grandes discográficas formouse unha empresa conxunta coa Warner..

En 1996, Bruce Pavitt deixou o selo debido a que necesitaba máis tempo para a súa familia.

Éxito comercial[editar | editar a fonte]

Sub Pop ten dous álbums de platino, Bleach de Nirvana e Flight of the Conchords de Flight of the Conchords; ademais de dous álbums de ouro, Give Up de The Postal Service e Wincing the Night Away de The Shins. O sinxelo "New Slang" destes últimos tamén foi ouro, e o sinxelo editado dixitalmente para "Such Great Heights" de The Postal Service foi platino.

O 31 de xaneiro do 2007 Sub Pop anunciou que o terceiro álbum de The Shins para o selo, Wincing the Night Away, estreárase no número 2 nas listas da Billboard, conseguindo unhas vendas de 117.991 copias (35.000 dixitalmente) na súa primeira semana. Esta é a primeira vez que un álbum de Sub Pop entrou nos dez primeiros postos das listas ou superou a cifra de 100.000 discos vendidos na súa semana de estrea.

Artistas que traballaron coa Sub Pop[editar | editar a fonte]

Os seguintes artistas pertencen ou pertenceron á Sub Pop ou teñen algún material editado a través do selo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "An Interview with Bruce Pavitt : Robert Weinstein". www.tripzine.com. Consultado o 2023-04-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]