SST Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SST Records

Compañía nai
Fundado en 1978
Fundador Greg Ginn
Estado activa
Distribuidoras auto-distribución
Xénero(s) hardcore punk, punk rock, rock alternativo, indie rock, jazz
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización Taylor, Texas
Web oficial sstsuperstore.com

SST Records é un selo independente estadounidense formado en 1978 en Long Beach, California polo músico Greg Ginn. A compañía inicialmente chamouse Solid State Transmitters debido a que Ginn vendía equipamentos electrónicos. Ginn transformouna nun selo discográfico para editar material da súa banda Black Flag.

SST inicialmente centrouse na edición de material de bandas de hardcore punk de Southern California. Coma moitas das bandas do selo trataban expandirse máis aló das limitacións do xénero, SST editou moitos álbums clave na evolución do rock alternativo estadounidense, incluíndo a bandas coma Minutemen, Hüsker Dü, Meat Puppets, Sonic Youth ou Dinosaur Jr.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]