Temple of the Dog
| Temple of the Dog | |
|---|---|
Temple of the Dog |
|
| Información | |
| Orixe | Seattle, Estados Unidos |
| Período | 1990 - 1991 |
| Xénero(s) | grunge |
| Selo(s) discográfico(s) | A&M Records |
| Membros | Chris Cornell Matt Cameron Stone Gossard Jeff Ament Eddie Vedder Mike McCready |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Temple of the Dog foi unha banda de rock creada por algúns amigos en homenaxe ao cantante Andrew Wood. Andrew foi o vocalista de Mother Love Bone, unha das bandas pioneiras do grunge, e morreu en marzo de 1990, vítima dunha sobredose de heroína.
Formaron parte deste proxecto dous integrantes de Soundgarden, o vocalista Chris Cornell (que fora compañeiro de piso de Wood) e o batería Matt Cameron; dous membros de Mother Love Bone, o guitarrista Stone Gossard e o baixista Jeff Ament; e dous aínda descoñecidos amigos de Gossard, o vocalista Eddie Vedder e o guitarrista Mike McCready.
A banda editou un único álbum, o auto-titulado Temple of the Dog, en abril de 1991 a través do selo A&M Records. Aínda que foi eloxiado polos críticos musicais no momento do seu lanzamento, o álbum non foi recoñecido ata o ano 1992, cando Vedder, Ament, Gossard e McCready se fixeron coñecidos mundialmente con Pearl Jam.