Cazón
| Cazón (Galeorhinus galeus) |
|||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Galeorhinus galeus |
|||||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Galeorhinus galeus Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||||||||
|
Distribución mundial do cazón (Galeorhinus galeus)
|
|||||||||||||||||||||
O cazón (Galeorhinus galeus) é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos triáquidos (Triakidae) amplamente distribuída nas auguas temperadas de todos os mares e océanos.[1]
Sen espiñas diante das aletas dorsais, pode chegar a medir até 2 m e pesar até 45 kg. É unha especie demersal ( é dicir, nadadora), pero de vida ligada ao fondo, habitando en fondos de entre ods 40 e os 100 m.
Índice |
Distribución [editar]
Amplamente distribuído en augas temperadas. Encóntrase no Atlántico en Venezuela, o sur do Brasil, Uruguai, Arxentina; e de Islandia a Sudáfrica, incluíndo o Mediterráneo; no Pacífico, en Australia e Nova Celandia, Hawai e da Columbia Británica até Chile, pasando por California, golfo de California, o sur de Baixa California e Perú.
Usos [editar]
Na cociña das provincias de Cádiz, Sevilla, Málaga e Huelva adoita cociñarse en adobo. En Canarias tamén se cociña, recibindo alí o nome de "tollo".
En Arxentina adoita secarse até adquirir o aspecto do bacallao seco, e preparánse guisos e outros pratos que son principalmente consumidos durante a Semana Santa, aínda por quen non son cristiáns, debido ao tradicional, nutritivo e apetecíbel.
Temén se consome na zona do golfo de México, moi particularmente na baía de Campeche. A gastronomía campechana é famosa en México por un prato denominado "pan de cazón", consistente en capas sucesivas de tortillas (de millo) untadas de feixóns refritos, e recheas de cazón desmiuzado e cuberto todo cuna salsa de tomate, e acompañado de rebandas de aguacate.
En Venezuela, o cazón utilízase para moitos pratos de comida, sendo o máis típico a empanada de cazón e/ou arepas, con cazón fervido e aliñado con cebola, pemento moído, pemento picante, etc; faise un guiso e con isto prepárase un moitas comidas. Consómese maiormente na illa de Margarita e en todo o oriente do país. Co el prepárase unha torta chamada nesa rexión torta de cazón, que se acompaña con rebandas de plátano frito. Tamén é moi coñecido o chamado pabellón margariteño, no que se substitúe a carne mechada do tradicional pabellón criollo polo mencionado guiso.
Consumo sustentábel [editar]
En 2010, Greenpace España engadiu o cazón á súa lista vermella de peixes. Esta lista vermella de especies pesqueiras inclúe quince especies vendidas nos supermercados españois que poden proceder dunha pesca ou acuicultura non sustantábeis.[2]
Notas [editar]
- ↑ Ranier Froese e Daniel Pauly, eds. (2010): Galeorhinus galeus en FishBase. Veersón 7 de xaneiro de 2010. (en inglés) Consultada o 10/12/2012.
- ↑ Lista vermella de especies pesqueiras de Greenpeace para España.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.