Xampú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xampú e cremes fabricados no inicio do século XX pola CL Hamilton Co. para Washington, D.C..

O xampú[1] (ou shampoo, en inglés) é un produto líquido utilizado principalmente para lavar o cabelo. Tamén se pode empregar un condicionador de cabelo após o xampú para mellorar a textura e o aspecto do cabelo.

Historia[editar | editar a fonte]

A palabra xampú data de 1877, e a súa orixe parece vir da palabra Hindi (idioma indiano) chhamna, que significa apertar, amasar, facer masaxe. Durante as etapas iniciais de concepción do xampú, cabelereiros ingleses quentaron xabón en auga con bicarbonato de sodio e adicionaron herbas para daren ao cabelo saúde e aroma.

Orixinalmente, o xabón e o xampú eran produtos moi similares. Ambos eran substancias de emulsión tensoactivas, un tipo de deterxente. A formulación do xampú desenvolveuse, tornandose específica para a limpeza dos cabelos, e non un produto para o corpo en xeral. A través do século XX, diferentes tipos de xampús foron creados para cada tipo de cabelo empregando na actualidade principalmente substancias sintéticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xampú.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]