Arcanxo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nas relixións xudía, cristiá e islámica, os arcanxos son unha categoría de anxos. Constituen un dos nove coros da xerarquía. Os arcánxos son os penúltimos, antes dos propios ánxos (tal e como indica o prefixo arc, que significa superior).
Os arcanxos atenden as áreas dos esforzos humanos e son os líderes administrativos dos seres celestiais. Un arcanxo recibe, usualmente, unha tarefa de importancia para a humanidade.
A Igrexa católica recoñece só aos arcanxos que teñen nome e aparecen na Biblia: Miguel, Gabriel e Rafael, cuxa festividade se celebra o 29 de setembro.
Cada un ten atributos distintos, segundo o seu papel nos relatos bíblicos, tanto do Antigo, coma do Novo Testamento.
- Miguel, xefe dos "exércitos de Yahveh", por loitar contra Lucifer. Represéntase con armadura.
- Gabriel, o mensaxeiro celestial, por anunciar a Virxe María o nacemento de Cristo. Represéntase cunha mensaxe escrita ou unha flor branca.
- Rafael, protector dos viaxeiros e do noivado, pola súa misión desempeñada durante a viaxe de Tobías, narrada no libro bíblico homónimo. Represéntase cun bastón de viaxeiro e un peixe.
Na Biblia menciónase só un arcanxo: Miguel, posto que a Gabriel se lle chama anxo e Rafael aparece nun libro apócrifo. Un feito curioso é que a palabra arcanxo xamais se usa na Biblia en plural, o que nos leva a pensar que só existe un. En 1 Tesalonicenses 4:16 fálase sobre Xesús, do cal se di que ten voz de arcanxo, ademais, en varios textos faise referencia a Xesús e a Miguel como seres que realizan accións moi parecidas (Apocalipse 12:7-12; Apocalipse 19:11-16), o que pode levar a pensar que Miguel é o nome celestial e prehumano de Xesús.
Algúns cristiáns cren que Satanás era un arcanxo (e non un querubín) antes de caer do ceo.