Póla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Póla dunha árbore do xénero Syringa.
Póla de Buddleja davidii.
Corte lonxitudinal dunha póla

Póla, gallo ou rama é a parte da árbore na que medran as súas follas. Trátase dunha estrutura de madeira conectada ao tronco central dunha árbore ou dun arbusto.

As ramas pequenas coñécense co nome de franza ou poliña (en inglés twig), as grandes e lígneas como pólas[1].


Características[editar | editar a fonte]

As pólas poden desenvolverse de xeito horizontal, vertical ou diagonal, aínda que esta última é a que presentan a maior parte das pólas arbóreas.

As ramas ou pólas son a parte da árbore que se talla durante a poda para aumentar a produción de froitos, entre outros motivos.

Durante o inverno, pódense distinguir as árbores de folla caduca observando o corte lonxitudinal dunha rama.

Ao igual que unha viga, unha rama flexiónase concentrándose o esforzo máximo na base da mesma. Aínda que normalmente a tronza non chega a ocorrer, posto que o seu peso non é de abondo. Non obstante, unha sobrecarga, como o peso dun animal ou a acción do vento pode facer que se produza a fractura da póla ao superar unha tensión mecánica determinada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vocabulario Forestal da Universidade de Santiago de Compostela. Entrada 87 - http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/forestal.pdf

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Póla

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]