Ganglios linfáticos axilares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ganglios linfáticos axilares son un conxunto de ganglios linfáticos do membro superior humano, pertencentes á axila. Forman parte da drenaxe linfática do membro superior. Drenan todo o contido linfático do membro superior, da parte superior das costas, da parede torácica anterior, da mama e da parte inferior do pescozo.

O seu número oscila entre vinte e trinta ganglios, que se agrupan en:

Os vasos linfáticos de todos os ganglios converxen no tronco linfático subclavio, que no lado esquerdo se une ao conduto torácico e no lado dereito remata directamente no sistema venoso, entre a vea subclavia dereita e a vea xugular interna dereita, situada no pescozo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)