Attila
| Attila Atila |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos cun prólogo |
| Italiano | |
| Libretista | Solera e Piave |
| Fontes literarias | Zacharias Werner: Attila' |
| Estrea | 17 de marzo de 1846 |
| Teatro da estrea | La Fenice |
| Lugar da estrea | Venecia |
| Duración | 110 minutos |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
Attila é unha ópera nun prólogo e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera e Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Attila, König der Hunnen de Zacharias Werner. Foi estreada o 17 de marzo de 1846 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
Trátase dunha ópera composta na etapa verdiana "de galeras", urxente, rápida, xuvenil. É unha das caracterizadas por tintes patrióticos e que deron fama a Verdi como compositor político. Ademais do tema patriótico, as personaxes teñen perfís psicolóxicos interesantes, coma o propio Atila, que é moito máis que un malvado ao uso.
Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 136 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo la 46.ª en Italia e a decimoquinta de Verdi, con 23 representacións nese período.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 17 de marzo de 1846[1] (Director: -) |
|---|---|---|
| Atila (rei dos hunos) | baixo | Ignacio Marini |
| Aecio (xeneral romano) | barítono | Natale Costantini |
| Odabella (filla do señor de Aquilea, prometida de Foresto) | soprano | Sofía Loewe |
| Foresto (cabaleiro de Aquilea) | tenor | Carlo Guasco |
| Uldino (xove bretón escravo de Atila) | tenor | Ettore Profili |
| León I (vello papa romano)[2] | baixo | Giuseppe Romanelli |
| Capitáns, cabaleiros e soldados dos hunos, curas, xente de Aquilea, soldados romanos e povo de Roma. | ||
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||