Zacharias Werner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Poet WErner.jpg

Friedrich Ludwig Zacharias Werner, nado en Königsberg (Prusia) o 18 de novembro de 1768 e finado en Viena o 17 de xaneiro de 1823, foi un poeta, dramaturgo e predicador alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de Immanuel Kant. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de Jean-Jacques Rousseau e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en Varsovia. En 1805 obtivo un despacho en Berlín, pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.

No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como Goethe en Weimar ou Germaine de Staël en Coppet. En 1811, en Roma uniuse á igrexa católica. Foi consagrado sacerdote en 1814 en Aschaffenburg, e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en Viena, onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de Kaminiec.

Obras[editar | editar a fonte]

Martin Luther oder Die Weihe der Kraft, 1870.

Logrou levar as súas pezas aos escenarios, onde tiveron boa acollida. A ópera de Verdi Attila baséase no drama homónimo de Werner. A súa peza Der 24. Februar, chamada así pola data de defunción da súa nai e un amigo íntimo, introduciu a era das chamadas "traxedias do destino". Varios dos seus poemas dramáticos foron deseñados para evanxelizar membros da masonaría.

  • Vermischte Gedichte (1789)
  • Die Söhne des Thals (1803-1804)
  • Die Templer auf Cypern (1803)
  • Die Kreuzesbrüder (1804)
  • Das Kreuz an der Ostsee' (1806)
  • Die Brautnacht (1806)
  • Martin Luther oder die Weihe der Kraft (1806)
  • Attila (1808)
  • Wanda (1810)
  • Die Weihe der Unkraft (1813)
  • Der 24. Februar (1815)
  • Kunigunde die Heilige (1815)
  • Geistliche Übungen für drei Tage (1818)
  • Die Mutter der Makkabäer (1820)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]