Angkor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angkor
A ponte naga de Angkor Wat ao amencer.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Camboxa
Localización
Angkor en Camboxa
Angkor
Angkor
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV
Inscrición1992 (16ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador668

Angkor é un nome asociado á rexión de Camboxa na que se asentou o Imperio Khmer, que tivo o seu apoxeo entre os séculos IX e XV da nosa era. O período de Angkor pode definirse coma o período dende 802, cando o monarca Khmer hinduísta Jayavarman II se autodeclarou "monarca universal" e "rei divino" de Camboxa, ata 1431, cando os invasores tailandeses saquearon a capital Khmer, provocando que a súa poboación tivese que migrar á área meridional de Phnom Penh.

As ruínas de Angkor localízanse entre fragas e terras de labranza ao norte do Gran Lago (Tonle Sap) e o sur das Montañas Kulen, preto da actual Siem Reap. Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1] Os templos da área correspondente a Angkor superan o centenar, abarcando dende ruínas pouco definidas esparexidas nos campos de arroz ata a magnífica Angkor Wat, da que din é o monumento relixioso individual máis grande do mundo. Moitos dos templos de Angkor foron restaurados, e no seu conxunto constitúen as obras máis significativas da arquitectura Khmer. Son visitados anualmente por preto de dous millóns de persoas.

A área componse de varias localizacións arqueolóxicas de grande importancia:

En 2007 un equipo internacional de investigadores concluíu, mediante fotografías tomadas por satélite e outras técnicas modernas, que Angkor foi a meirande cidade preindustrial do mundo cunha expansión urbana de máis de 3.000 km². A segunda desta lista, a cidade maia de Tikal (Guatemala) tiña entre 100 e 150 km².

Angkor participou na elección das Novas sete marabillas do mundo como unha das 21 finalistas, aínda que finalmente non foi elixida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "28th Anniversary of Angkor in the UNESCO World Heritage List". www.unesco.org (en inglés). Consultado o 05-03-2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]