Giza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Giza ou Guiza (en árabe, الجيزة Al-Ŷīza, pronunciado Al-Gīza) é unha cidade próxima a O Cairo, no sudoeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2.443.490 habitantes (2005).

Na actualidade é un importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo, cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.

A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.

Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Giza, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Giza