Monte Meru (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O monte Meru é a montaña mítica considerada como o eixe do mundo nas mitoloxías persa e sobre todo hindú. Tería unha altura de 80.000 léguas (450.000 km.). O monte Meru estaría situado no centro da Terra, en Jambudvipa, un dos continentes dos mitos indios. Cóidase como a morada dos deuses ou deva. Por encima encóntranse os ceos, por debaixo os infernos, e en todo o seu arredor esténdese o mundo visíbel. En torno ao monte xira o sol.

O monte Meru viría a corresponder, talvez, a unha montaña sita sobre a beira occidental do lago Manasarovar, que se chama hoxe o monte Kailash (mais o seu nome en sánscrito é Meru ou Sumeru).

Certas lendas relatan que o monte Meru e Vayu, o deus do vento, eran bos amigos. Porén, o sabio Nârada achegouse a Vayu, incitándoo a humillar á montaña. Vayu soprou con toda a forza durante un ano, mais Meru non se lle submeteu. Ao cabo dun ano, Meru descansou do seus esforzos por uns instantes. Vayu aproveitou e aumentou a forza do seu sopro. Entón a cima da montaña desprendeuse e caeu no mar, onde formou unha illa, a actual Sri Lanka, antiga Ceilán.

A arquitectura dos templos hindús simboliza esta montaña sacra (os andares do temple son sempre de número impar : 3, 5, 7…). Un exemplo característico é Angkor Wat.

Templo Pura Besakih en Bali