Efeméride
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.
[editar] Efemérides cronolóxicas
- Véxase tamén: Wikipedia:Efemérides destacadas.
Unha efeméride é un feito relevante escrito para ser lembrado ou comemorado nun certo día, ou unha sucesión cronoloxica de datas e os seus respectivos acontecementos. Así, na prensa escrita resulta xa habitual incluír unha sección que, baixo o título efemérides, recolle distintos acontecementos importantes ocorridos nesa mesma data ó longo da historia.
[editar] Efemérides astronómicas
Na forma plural, efemérides, é o termo usado por magos, astrólogos e monarcas para anunciaren tanto as ocorrencias dalgúns acontecementos celestiais, como as eclipses e cometas, como para como escoller a posición dos astros para sinaturas e tratados imperiais segundo a posición dos astros de cada día, normalmente encontrados nun conxunto de táboas denominadas hoxe efemérides astronómicas, e que indican a posición dos astros para cada día do ano.
En astronomía, unha efeméride é un suceso astronómico puntual no tempo.
| Glosario de Astronomía |
|
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |