Esfera celeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elementos principais da esfera celeste.

A esfera celeste e unha esfera ideal, sen radio definido, concéntrica no globo terrestre, na cal se moven aparentemente os astros.

Índice

[editar] Características

Dibuxo da esfera celeste cos puntos e lugares xeométricos mais importantes.

Permite representar as direccions nas que se atopan os obxetos celestes; así coma o ángulo formado por dúas direccions será representado por un arco de círculo maior sobre a esfera. Teoricamente confúndese co da Terra: o Eixo do mundo e o de rotación da esfera celeste que e coincidente co eixo de rotación da Terra, polo que se atopa prácticamente centrada no ollo do observador. Os astrónomos fundan as súas medicións na existencia, nesa esfera, de puntos, círculos e planos convencionais: o plano do horizonte e o do ecuador celeste; o polo e o cenit; o meridiano, que sirve de orixe para a medición do acimut. Resulta fácil atopar un astro ou situalo respecto a eses planos fundamentais.

Cando o horizonte do espectador é oblicuo con respecto ao ecuador, a esfera celeste é calificada de oblicua. Para un observador situado nun dos polos, a esfera e paralela (o seu horizonte conserva paralelismo co ecuador). Fálase de que a esfera e recta para o observador situado na liña equinoccial (alí o horizonte corta perpendicularmente o ecuador).

A esfera celeste e un concepto non un obxeto, e a superficie virtual na que vemos proxectados os astros como se todos estivesen a igual distancia da terra.

Tres puntos da esfera celeste (cenit, polo elevado e astro (Z,P e S)) definen un triángulo esférico e mediante a súa resolución os mariños poden localizar a súa posición na navegación marítima.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazons externas


Glosario de Astronomía

Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Fondo Cósmico de Microondas | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo | Variacións orbitais | Zodíaco

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas